A mostra pódese visitar até o 20 de maio no Museo Provincial.
A área de Cultura da Deputación convida a todos os lucenses a visitar esta exposición para comprender a historia de Lugo a través da figura deste ilustre galeguista.
Lugo, 7 de maio de 2012. A exposición ‘Ben-Cho-Shey: 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968)’, que se pode ver até o vindeiro día 20 de maio no Museo Provincial de Lugo, recibiu 11.259 visitantes desde a súa inauguración o pasado 14 de febreiro.
Con esta mostra, que se enmarca nas actividades programadas pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo con motivo do ano Ben –Cho- Shey que se desenvolve até finais do primeiro semestre deste ano coincidindo co 75 aniversario do seu desterro a Estremadura, trátase de recuperar e dar o coñecer o legado político e cultural deste pedagogo, xornalista, etnógrafo, arqueólogo, historiador, poeta, lingüista e político comprometido co galeguismo e co país; unha figura inxustamente esquecida que traballou por Galiza cun esforzo e compromiso inquebrantables.
Desde a área de Cultura e Turismo insístese en que a historia de Lugo non se pode entender sen comprender a estancia de Ben-Cho-Shey na provincia e por iso convidan a todos os lucenses a visitar esta exposición que encara a súa recta final.
A mostra iníciase cunha recreación do papel de Ben-Cho-Shey na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de 1936 con fotografías e documentos do momento e artéllase en catro apartados: -‘Fotobiografía’, un percorrido cronolóxico pola vida de Ben-Cho-Shey con máis dun cento de fotografías e ilustracións; -‘Andar e aguzar, os traballos e os días de Ben-Cho-Shey’: unha recompilación de traballos que mostran as distintas vertentes do seu labor como polígrafo, cunha ampla información gráfica, bibliográfica e documental; -‘O Partido galeguista en Lugo 1931-1936’: a constitución do Partido Galeguista en Lugo e o seu avance e consolidación na etapa en que Ben-Cho-Shey preside o Grupo local, con documentos inéditos. -‘Sociedade e cultura en Lugo 1918-1968’, unha cronoloxía da vida social e cultural de Lugo, nos 50 anos claves da traxectoria vital e intelectual de Ben-Cho-Shey, acotada por dous anos simbólicos: o 1918 no que se celebra en Lugo a Asemblea Nacionalista auspiciada polas Irmandades da Fala e o 1968, ano de efervescencia política e cultural, no que Ben-Cho-Shey declara no TOP (Tribunal de Orden Público) a favor de tres mozos lucenses detidos en Madrid a finais do ano anterior pola campaña “Libertade pra Galicia”.









O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



