A recén constituída Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, comeza oficialmente a súa andaina este sábado 11 de maio coa subida ao Picato, en Trabada. Deste xeito, esta será a primeira dunha serie de rutas que están xa programadas para todo este ano 2013. A saída será da Praza do Conde Santo ás 10 da mañá, e terá un prezo de 4 € por persoa. A ruta ten unha distancia duns 8 km aproximadamente e a súa dificultade é baixa. Para inscribirse e poder participar nesta ruta, é preciso anotarse, como data límite o xoves 9 de maio, tanto a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com como nos teléfonos 982121006 (Pepe), 658097133 (Miguel). Recoméndase levar auga e algún alimento para recuperar enerxías. Recórdase tamén que está aberta a campaña de captación de socios, polo que todos aqueles interesados en facerse socio de Terras de Lourenzá, non dubiden en poñerse en contacto tanto no mail como nos teléfonos xa citados. O prezo de socio normal son 20€/anuais e o socio familiar 30€/anuais, incluíndo o socio familiar o matrimonio e os fillos menores de idade.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



