Ribadeo, 7 de maio de 2013. O sábado, 11 de maio, catro rúas e unha avenida recibirán os novos nomes que foron acordados por unanimidade nun pleno da Corporación Municipal. Serán as rúas Juan Suárez Casas, José Couso, dos Garitos e Segundo Moreno Barcia e a avenida Ría de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “nestes días estamos mandando unha serie de invitacións para que os veciños das rúas e da avenida en cuestión participen con nós nesta festa que organizamos toda a Corporación Municipal no momento de descubrir as placas dos espazos públicos, das rúas ou das avenidas ás que acordamos hai meses darlles novos nomes. E facémolo porque os que tiñan ou ben eran confusos ou o servizo de Correos non identificaba a algúns por seren espazos moi amplos que tiñan soamente unha denominación e iso facía imposible que unha carta puidese chegar correctamente ao seu destino”.
O rexedor dixo que “este sábado, 11 de maio, faremos o descubrimento de catro rúas e unha avenida nos barrios de O Xardín, Os Garitos e Vilar. Unha desas rúas levará o nome de Juan Suárez Casas, que foi un científico e alcalde de Ribadeo a finais do século XIX. Outra delas chamarase rúa José Couso, que leva o nome deste xornalista, cámara de televisión, que foi asasinado e que foi vítima dun conflito ocorrido en Irak hai dez anos. Recuperamos tamén a toponimia para a rúa dos Garitos e dámoslle unha rúa a Segundo Moreno Barcia, que foi deputado a finais do século XIX polo distrito de Ribadeo e foi o redactor dun proxecto de constitución da primeira corte federal naquela época. E finalmente inauguraremos a avenida Ría de Ribadeo unindo as rotondas de Dompiñor e Vilaselán, todo ese treito levará ese nome”.
Os actos de descubrimento das placas darán comezo ás 11:40 horas na rúa Juan Suárez Casas, seguirán na rúa José Couso ás 12:00 horas, na rúa dos Garitos ás 12:30 horas, na rúa Segundo Moreno Barcia ás 12:50 e na avenida Ría de Ribadeo ás 13:10 do mediodía. En cada una delas unha representación de alumnos/as da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo interpretará pezas musicais.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



