Burela, 13 de maio do 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela.
O vindeiro luns, 20 de maio, comezará un curso denominado Uso das redes sociais, no que se ensinará aos asistentes a entender o que é unha rede social así como a darse de alta e a empregar o coñecido Facebook. Este curso, dirixido a persoas con coñecementos básicos de internet, impartirase de 11:00 a 13:00 horas e finalizará o 24 de maio.
Desde a Aula CeMIT de Burela lémbranlles aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula, en horario de mañá de 13:00 a 14:00 horas e en horario de tarde de 18:30 a 20:00 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es