Ribadeo, 17 de maio de 2013. Un xurado formado por dez persoas elixirá esta fin de semana as tapas gañadoras da oitava edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo. O alcalde, Fernando Suárez, anima á xente a aproveitar estes últimos días para desfrutar da cociña en miniatura.
Son 55 os locais participantes nesta cita, dos que entre dez e doce pasarán á final. Desde que deu comezo o Ribadeo de tapeo dous profesores de Hostalería de Tapia, unha profesor de Hostalería de Foz e un especialista e profesional de hostalería: Rubén Díaz, Héctor González, Ana Martínez e Miguel Ángel Sánchez, respectivamente percorreron os bares, mesóns e restaurantes para facer a preselección das mellores tapas. E durante a fin de semana a eles uniranse outras seis persoas para decidir o nome dos gañadores. Achegaranse ata Ribadeo: o director de GastroRadio e consultor gastronómico, Pablo Márquez; o documentalista e director Enrique Baixeras; a xornalista Mª José Fernández; o xornalista gastronómico Miguel Vila; o blogueiro e experto en cociña Manuel Gago; e o xefe de cociña do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Roberto Whalter.
Será o vindeiro luns, 20 de maio, cando se dean a coñecer os nomes dos finalistas e dos gañadores da oitava edición do Ribadeo de tapeo.
O rexedor lembrou que “estamos encarando xa a recta final deste evento, desta exitosa edición do Ribadeo de tapeo, que organiza a miña compañeira Ana Martínez, a concelleira de Desenvolvemento Local, e desta novidosa cita dada a grande afluencia de público que estes días estivo a consumir as tapas dándolle vida a este Ribadeo comercial, a este Ribadeo gastronómico… “.
Fernando Suárez subliñou “o traballo que fan todos os restauradores que dan o mellor de sí para facer estas pequenas creacións en miniatura” e engadiu que “cada no implementamos novas experiencias como foi este ano esta aplicación para teléfonos móbiles tanto para a plataforma android como para ios, que tivo numerosísimas descargas. Desde a empresa que controla esta aplicación din estar sorprendidos de cómo puido ter tanta difusión en tan poucos días. Varios milleiros de persoas xa votaron a través desta aplicación, que está moi ben valorada xa que obtivo un 4’78 sobre un 5. Trátase dunha aplicación moi boa que teremos que seguir utilizando para máis eventos que organicemos desde o Concello de Ribadeo”.
O alcalde de Ribadeo indicou que “agora o xurado especializado visitará durante a fin de semana os locais finalistas e o luns coñecerase o nome dos gañadores do Ribadeo de tapeo 2013. O importante aquí non é gañar, o importante é participar e si alguén gaña aquí é Ribadeo. Quero animar aos veciños de Ribadeo, da comarca da Mariña e do Occidente asturiano para que aproveiten esta fin de semana, que será un pouco pasada por auga, pero iso non nos impedirá seguir degustando as maravillosas tapas que prepararon os nosos hostaleiros”.




















O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.



