Despois das últimas declaracións do Sr. González Barcia en relación á pista de pádel, queda claro que o Goberno Municipal do PP xa non sabe o que inventar para saír nos medios. Esta é a última das “ocorrencias” ás que o Sr. Barcia nos ten tan acostumados e que demostran que o equipo de goberno non ten ideas nin iniciativas propias e que xa non está capacitado para gobernar.
Primeiro dinnos que hai que demoler as pistas de pádel porque son ilegais e só unhas semanas mais tarde din que xa está todo arranxado, como non, grazas á súa “excelente xestión”. Resulta cando menos curioso que o que non puideron resolver en “20 meses” o solucionen nunhas semanas, ou será que é todo unha escusa para saír na foto? Desde o BNG pedímoslle ao equipo de goberno máis seriedade, máis traballo, menos fotos e que deixen de enganar aos veciños e veciñas de Burela.
Se de verdade son honestos, que digan como actuou ante este tema a Xunta de Galiza, gobernada polo PP. Entre fins de 2010 e comezos de 2011, estando o BNG no goberno municipal, enviouse toda a documentación requirida polos distintos organismos da Xunta para facer esta obra conforme á legalidade. Pero a Xunta do PP, tan dilixente e tan traballadora coma os seus compañeiros de Burela, “esqueceuse” deste tema e, dous anos despois, a comezos deste ano 2013 solicitou outra documentación ao Concello. Polo tanto, a demora no tema vén motivada pola neglixencia da Xunta de Galiza que tardou máis de 2 anos en resolver este expediente.
Por outra banda, non deixa de sorprendernos que o informe de legalidade do que agora fala o Sr Alcalde non afecte tamén ás pistas de tenis que se atopan ao lado da pista de pádel. Hai que lembrar que estas pistas de tenis foron construídas en 2007 (sendo Alcalde daquela o Sr Barcia) e no Concello non se atopa ningún expediente que fale desta obra e da súa legalidade…
Máis unha vez, encontrámonos ante unha actitude claramente demagóxica do alcalde e do seu equipo, que só buscan desprestixiar e correr unha cortina de fume ante a súa incapacidade para gobernar. De todos os xeitos, non nos estraña nada que a primeira idea que tivesen en relación ás pistas de pádel fose a da súa demolición, pois recoñecemos que nese campo son uns auténticos mestres. Son expertos en demolición de servizos públicos, en sanidade, en ensino, servizos socias básicos como a dependencia, axuda no fogar… O Sr. Feijóo na Xunta e o Sr. Rajoy no goberno do estado son os grandes mestres da demolición pública en contra das maiorías socias e parece que o Sr. Barcia está entre os alumnos máis avantaxados e que vai a por nota.



















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



