Burela, 20 de xuño de 2013. Do 21 ao 27 de xuño estará aberto o prazo de inscrición da ocioteca, que un verán máis, pon en marcha o Concello de Burela.
A edil de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, explica que “poderán participar nas actividades todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e os 12 anos, que estean empadroados en Burela. A fichas de inscrición entregaranse no Concello a partires de mañá e ata o 27 de xuño. Todo aquel que non teña formalizada e entregada a dicha nas datas indicadas non poderá asistir ás actividades”.
Será o 28 de xuño cando se faga pública a lista de admitidos no Concello. E xa o 1 de xullo comezarán as actividades, que se prolongarán ata o 30 de agosto. Estas desenvolveranse no edificio nº 1 do CEIP Vista Alegre de luns a venres e en horario de 9 a 13:30 horas.
Patricia López subliña que “as actividades son gratuítas e o que perseguimos con elas é axudarlles aos pais e ás nais a conciliar a vida laboral e familiar. Isto tamén é un reflexo da forte aposta que desde o equipo de goberno facemos pola educación”.
A ocioteca verán activo 2013 disporá dun número máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos, así como tamén un número mínimo para levalas adiante. Cada grupo contará con 25 prazas. Haberá un grupo de 3 a 7 anos e outro de 8 a 12 anos.
A concelleira de Medio Ambiente indica que “a adxudicación das prazas farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos: idade e empadroamento en Burela. E establécense as seguintes prioridades: fillos/as de proxenitores activos laboralmente (será preciso xustificalo documentalmente) e fillos/as de mulleres vítimas de violencia de xénero”.
López Eijo engadiu que “os/as admitidos/as recibirán durante os primeiros días un listado co material que precisan para poder asistir ás actividades. En caso de quedaren vacantes ao inicio das actividades, completaranse os grupos seguindo a lista de inscrición”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



