No mandato do anterior goberno municipal de Burela, aló polo ano 2011. Conseguiuse, gracias ás xestións do equipo de goberno, unha obra cunha inversión de 110.511 euros do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local (FEESL), que consistía na colocación tanto na cuberta do pavillón de deportes Vista Alegre como nas instalacións do campo de fútbol da Marosa de placas de enerxía solar fotovoltaica que deberían de servir tanto para dar alumeado, no caso do pavillón Vista Alegre, como para poder quentar a auga destas instalacións, o que lle suporía un aforro importante ós veciños e veciñas de Burela.
A idea era que ademais de facer o subministro destas instalacións poder vender electricidade á rede eléctrica, que está obrigada a comprala, e deste xeito conseguir uns ingresos extra para as arcas municipais e conseguintemente para que disto se beneficiaran todos os veciños e veciñas de Burela. Estas instalacións contan con 10.000 Vatios de potencia e a enerxía que xera mídese no contador de saída da mesma. A obra da que estamos a falar rematouse en maio de 2011 co equipo de goberno do PSdG-PSOE, e despois do cambio de goberno municipal tocáballe ó goberno entrante rematar os trámites de enganche desta enerxía sobrante á rede. Pois ben, no Pleno Municipal de maio o Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Burela interesouse pola situación na que se atopaba esta xestión, despois dos rumores de que este equipo de “desgoberno” do Partido Popular tiña o asunto abandonado, e ante a pregunta feita dende o noso Grupo Municipal de si despois de dous anos de goberno se tiña feito a xestión de enganchar esta enerxía á rede, e cal fora o aforro conseguido con esta medida?. A contestación do alcalde de Burela, o Sr. Barcia, déixanos realmente preocupados e sorprendidos pola nula xestión que é capaz de realizar este señor e o seu equipo, a resposta foi: “que contactara con Begasa pero que ultimamente son un desastre e que se estaba esperando por eles” (despois de dous anos). Esta resposta xa di por si soa o interese que este equipo de “desgoberno” ten polos veciños e veciñas de Burela, unha vez máis temos que dicir que o único interese que move a esta tropa, é o interese persoal e para nada se preocupan dos problemas dos veciños e veciñas de Burela. Non nos parece de recibo que o alcalde máis viaxeiro e despilfarrador da historia de Burela deixe ós veciños tirados en asuntos que lles pode mellorar a calidade de vida e aportar uns ingresos ó Concello nuns tempos difíciles no eido económico. Este tipo de situacións son as que demostran a falla de xestión e de traballo deste equipo de “desgoberno”. Unha vez máis, e os feitos nos remitimos, temos que dicir que este é o peor goberno da historia de Burela.
Grupo Municipal PSdG-PSOE Burela






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



