Lugo, 27 de xuño de 2013. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobará, na súa reunión de mañá venres, o aval bancario que garante a participación do Club Baloncesto Breogán nas competicións nacionais organizadas pola Federación Española de Baloncesto (FEB) durante a tempada 2013-2014. Así o anunciou o vicepresidente da institución e presidente do Club, Antonio Veiga, quen tamén asegurou que “se está a traballar para que a saída da Deputación do acionariado sexa áxil e sen repercusión para o futuro do equipo.”
A aprobación deste aval de 180.000 euros enmárcase na xestión que está a realizar Antonio Veiga e da que cómpre destacar o plan de pagos establecido para saldar a débeda que o Club contraeu cos xogadores así como as diversas xuntanzas que se están mantendo co patrocinador e colaboradores privados os cales se están a mostrar receptivos. Neste senso, o vicepresidente da Deputación e presidente do Club insistiu na súa postura de que no orzamento do Breogán a participación das institucións públicas debe ser mínima porque Breogán ten que ser o que os lucense queiran que sexa.”
A Deputación Provincial continúa co seu plan para abandonar a Sociedade Anónima Deportiva e procedeu a contratación dun auditor que será o encargado de establecer o prezo unitario das acción do Breogán, que se porán á venda baixo unhas condicións que impidan a deslocalización do Club e no caso de que a venda de accións non sexa suficiente recurrirase á vía das donacións entre abonados. “O que se trata de evitar por todos os medios –puntualizou Veiga- é que exista un accionista maioritario xa que iso poría en perigo a continuidade do equipo.”
Elena Candia debe rectificar
En relación ás declaracións realizadas pola portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, durante o pleno do pasado martes, en relación á Fundación Balogal, Veiga asegurou que “todo o que dixo a portavoz popular é totalmente falso. Na Fundación Balogal non houbo ni hai ningún traballador ou traballadora que sexa concelleiro do Bloque Nacionalista Galego, polo que solicito á señora Candia que rectifique.”
“Até o de agora permitirmos que o Grupo Provincial do Partido Popular fixera da mentira a súa práctica política habitual, pero xa non estamos dispostos a permitir máis mentiras. Se a deputada popular non rectifica adoptaremos as medidas xudiciais correspondentes. Así Candia poderase ver cos seus compañeiros de partido que ultimamente tanto frecuentan os xulgados” – concluíu Antonio Veiga.



















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



