Lugo, 27 de xuño de 2013.- “De preocupante a alarmante”. Así describiu a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, a tónica predominante empregada polo señor Gómez Besteiro, a quen os asuntos de principal importancia para o Organismo que preside parecen darlle absolutamente igual e non importarlle.
Nesta ocasión, Elena Candia, refírese, concretamente, ao acontecido na tarde de onte, posto que “convocouse a unha reunión do Consello Provincial de Cooperación e Asistencia, órgano que o propio Gómez Besteiro puxo en marcha xunto ao ex deputado, Juan José Díaz Valiño, e no que agora non cree- manifestou Elena Candia, quen criticou duramente que non asistise nin o presidente, nin vicepresidente, nin ningún dos seus socios de goberno.
“Ausencia nas xuntas de goberno, nas xuntanzas de portavoces, a última, para tratar o futuro sobre o legado da colección de pezas de Álvaro Gil…”- é a tónica emprendida por Besteiro, criticou Candia, quen engadiu que os populares, malia a non crer nestes “chiringuitos” postos en marcha polo señor Besteiro, asisten as convocatorias, e proba disto está na presenza, no día de onte, do rexedor de Portomarín, Juan Serrano, quen visto o que está a acontecer, xa anunciou que non volverá a outra convocatoria deste tipo.
Pola súa banda, Juan Serrano manifestou que dende que se creou o Consello Provincial de Cooperación e Asistencia (en decembro do ano 2011), a Deputación convocou a dúas xuntanzas: unha o 30 de marzo de 2012 e outra no día de onte; e a ningunha asistiu o propio Gómez Besteiro.
Lembrou o popular, que na primeira xuntanza, en marzo de 2012, vista a ausencia de Besteiro, presentou un rogo onde asegurou que lle gustaría que a cooperación pasase dos papeis e declaración pública dos feitos, polo que pediu unha reflexión seria, e do contrario, non sería hipócrita non estaría disposto a acudir a este consello, en representación do seu partido, para bendicir ao goberno provincial, polo que pediu un respecto institucional e cooperación igualitaria.
Juan Serrano, quen cualificou de “desplante” a ausencia de Besteiro, lembrou que o Consello foi un órgano que o presidente creou, que non ten poder executivo, senón de consello, de información e que os cidadáns piden acordos entre os partidos para intentar solucionar as problemáticas.
“A cidadanía pide acordos entre os partidos, que se trasladen melloras substanciais a súa vida”- manifestou o popular, que instou a Besteiro a que se deixe de chiringuitos paralelos posto que os políticos temos obriga de responder ao que nos pide e non é outra cousa que solucionar os seus problemas”.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



