Foz, 27 de xuño de 2013. O Concello de Foz reorganizará o tráfico nas rúas Rego de Foz, Illa Nova, Mariñeiro Chila, Otero Besteiro e Emilia Pardo Bazán para evitar os atascos que se producen con frecuencia, sobre todo durante o verán, nesa zona que concentra a moitos establecementos hostaleiros. Anunciouno hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen prevé que as obras para instalar a nova sinalización e colocar bolardos estarán rematadas antes das festas do Carme.
O rexedor municipal explicou que os traballos levaranse a cabo “nas primeiras semanas de xullo, porque antes non puido ser pola indispoñibilidade da empresa contratista concesionaria desta obra. Trátase de regularizar o tráfico na zona de Rego de Foz, onde actualmente hai rúas en dobre sentido e con aparcamentos aos dous lados, vías que teñen moita circulación de vehículos, polo que se producen colapsos enormes. Esta situación non facilita a actividade hostaleira na zona, que é bastante importante”.
Polo tanto a intención do Concello é “facer o tráfico moito máis sinxelo e fluído, ademais de ampliar a zona peonil coa instalación de bolardos”, comentou Javier Castiñeira, quen considera que “vai quedar moi ben e vai activar a hostalería desa zona, que está moi próxima á praia da Rapadoira e é moi activa en verán pero tamén en inverno porque hai máis de 40 locais de hostalería e algún hotel”.
O alcalde está convencido de que vai ser “unha boa actuación” e pídelles aos veciños da zona comprensión e colaboración porque “haberá tres días nos que se van facer algunhas obriñas: vanse colocar case un cento de bolardos, instalaranse as sinais de reorganización do tráfico e farase o pintado da sinalización horizontal”.
Castiñeira rematou comentando que “queremos telo feito para antes das festas do Carme e creo que o cambio vai ser considerable”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



