Lourenzá, 4 de xullo de 2013. O Concello de Lourenzá promove a celebración de tres cursos. Un deles é de manipulación de produtos fitosanitarios e comezará o día 15 deste mes. Os outros dous, de cata de viños e de normativa comunitaria vinculada á produción agrícola e gandeira, levaranse a cabo en caso de reunirse o número de inscritos necesario.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, explicou hoxe que “o curso de manipulador de produtos fitosanitarios consta de 25 horas, das que 17 son teóricas e impartiranse na Casa do Concello durante 5 días, de luns a venres, polas noites. Tamén inclúe 8 horas de prácticas, que se concentrarán todas nun día a faranse na Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias, de Ribadeo, aproveitando esa mesma xornada para facer o exame. Vai dirixido a persoas que estean traballando na actividade agraria ou desempregados. Hai un número limitado de prazas, que pode estar entre un mínimo de 15 e un máximo de 20 e soamente nos permiten incluír a un 20 por cento de persoas desempregadas para facer este curso”.
A rexedora municipal tamén comentou que “ao mesmo tempo xúrdenos a posibilidade de facer outros dous cursos máis: un de cata de viños, que tamén vai dirixido ao mesmo colectivo e sería de 30 horas; e outro de normativa comunitaria vinculada ás producións agrícola e gandeira, tamén de 30 horas. Para estes dos cursos como non estamos seguros de que vaian ter moita aceptación entre os nosos veciños, sobre todo o primeiro porque esta zona non é produtora de viño, agardamos que os interesados se anoten canto antes na Casa do Concello, a través do técnico de emprego ou chamando ao teléfono 982.12.10.06. En caso de reunir un número mínimo de inscritos suficiente para poder impartir calquera destes dous cursos faríase tamén ao longo deste mes de xullo”.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



