No cuarto día do Campus Mixto de Fútbol Base “MÁIS QUE FÚTBOL” cambiamos o campo da Marosa pola praia do mesmo nome. Durante a mañá os nenos gozaron de diversos xogos divididos en 4 grupos. Nunha primeira parte dun xeito máis lúdico sen contacto do balón e trala parva de media maña, xa se disputaron diferentes competicións co balón coma protagonista. Mañá voltaremos á herba natural da Marosa, onde agardamos a partir das 10:00 hs da mañá a presenza do xogador ferrolán do Celta de Vigo, Álex López.























Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



