Do luns, 8 de xullo, ao xoves, 11 de xullo, persoas con discapacidade usuarias da Asociación Fraternidad de Tapia de Casariego recibirán unhas clases de navegación a vela lixeira que se imparten no Real Club Náutico de Ribadeo dende as 10:00 ata as 14:00 horas.
Repartidas en catro grupos de 4 persoas cada un e máis un monitor, van formar parte dun curso que se enmarca dentro do Proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) da Federación COGAMI-Coruña, entidade provincial membro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). A través desta escola de vela preténdese achegar os deportes náuticos ás persoas con discapacidade. Dita escola conta coa colaboración da Obra Social La Caixa e o Real Club Náutico de Ribadeo.
O Proxecto GAVEA naceu no ano 2002 co propósito de fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades náutico- deportivas, derribando as barreiras que impiden o uso do medio mariño.
O singular deste programa denominado Escola de Vela para todas e todos é que posibilita a iniciación á navegación en vela lixeira e realizar actividades náuticas, sendo un exemplo de integración social. Ten como obxectivo tanto sensibilizar á opinión pública como ás persoas con discapacidade sobre o papel activo do colectivo, onde é preciso mirar as capacidades das persoas.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



