Ribadeo, 5 de xullo de 2013. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, aclarou este venres que o Concello non terá que pagar ningunha sanción polas dúas denuncias da Garda Civil á máquina barredora municipal, porque son improcedentes. Ademais o rexedor di que as críticas por este asunto dos responsables locais do PP demostran que, unha vez máis, non saben do que falan e tratan de confundir aos veciños.
Fernando Suárez rexeita as declaracións dos responsables locais do PP sobre a máquina barredora municipal e explica que “houbo dúas denuncias que a Garda Civil de Ribadeo puxo á barredora nunha rúa da vila, pero o PP toca de oído, non ten nin idea do que está dicindo e o que fan é enganar á opinión pública e tratar de confundir á xente”.
O alcalde explicou que “a realidade é que a Garda Civil denuncia á barredora municipal por non dispoñer de seguro, algo absolutamente falso como xa puidemos xustificar a través da alegación, onde ensinamos o seguro anual que temos vixente. Polo tanto, é unha denuncia absolutamente improcedente. Era nesta denuncia na que se impoñía unha multa de 1.500 euros ao Concello, pero é absolutamente improcedente porque o recibo existe e está pagado, como se fixo sempre, en todas as anualidades”.
O rexedor municipal engadiu que “a segunda denuncia, que tamén lle impón á barredora municipal a Garda Civil, é por non ter pasado a ITV, aínda que é un vehículo que a súa velocidade non excede habitualmente de 25 quilómetros por hora nin moito menos. Pero ademais en 15 ou 16 anos que ten esta barredora nunca pasou a ITV. Ningún goberno: nin o do PP nin o do PSOE nin agora o do Bloque lle pasou a ITV, non por unha cuestión de capricho, senón porque entendemos que son vehículos que non deben pasar este tipo de inspeccións por estar exentos. En todo caso desde o Concello non estamos conformes con esta denuncia e alegaremos con todas as argumentacións xurídicas”. Esta multa contemplaba unha sanción de 200 euros.
Por todo isto Fernando Suárez aclarou que “nin unha denuncia nin a outra van prexudicar aos veciños de Ribadeo, como di o PP, nin moito menos” e tamén explicou que “o alcalde, como comprenderán os señores do PP, non anda mirando se os papeis están nos coches ou non, porque para iso hai traballadores municipais encargados de facelo”.
E o alcalde remata pedíndolle ao PP “que, máis aló destas cuestións de fogos de artificio, se preocupe polos temas importantes de verdade para Ribadeo. Por exemplo espero que na reunión que teñamos o luns coa conselleira de Traballo e Benestar poña encima da mesa unha boa cantidade de diñeiro para que os de Ribadeo poidamos ter unha residencia que complemente á que hai, asunto polo que a Xunta ata agora non deu visos de nada real nin de nada crible. Polo tanto os seus esforzos e as súas gañas de traballar e de loitar por Ribadeo que as apliquen onde realmente á xente lle interesa, que se deixen destas cousas, que aprendan a tocar de partitura e non de oído”.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



