Unha vez máis o Grupo do PP de Viveiro asiste a unha nova ocurrencia do Sr. Roel en materia de organización do personal municipal, ó dispor que os conserxes dos colexios se pluriemplen limpando nas praias. Estamos ante unha ocurrencia fruto da improvisación que preside a acción de goberno do Sr. Alcalde, dado que xa se sabía que as praias había que limpalas e non se preveu nada neste sentido.
Coma sempre, a última hora, adoptase unha medida destas que a algúns podelles resultar moi graciosa, aínda que ós afectados, os conserxes dos colexios, seguro que non lles fai ningunha gracia.
Parecen obviar dende o Concello que os conserxes teñen que atender os colexios no mes de xullo, mes no que se soen facer traballos encamiñados a que o colexio este en perfectas condicións para o inicio do curso seguinte; ou ben, pode que pensen que os conserxes non traballan dabondo e haxa que sobrecargalos con traballo extra. En calquera caso, vistese un santo para desvestir outro, xa que as actividades programadas polos equipos directivos dos centros para os conserxes neste periodo, quedaran desatendidas.
Dende o grupo do PP de Viveiro cuestionamos que esta decisión unilateral sexa legal, xa que se está modificando o posto de traballo e as funcións que son propias dun conserxe, e parece claro que o de limpar praias non entraría dentro dos seus cometidos. Ante isto, cabe preguntarnos cal será a próxima medida nesta materia, porque visto o visto calquera poderá desempeñar as función máis singulares, aínda que non sexan as propias do seu posto. Preguntamonos ademáis, que pasa si a un destes conserxes lles ocurre un accidente cando están limpando as praias?, porque en principio non é o seu lugar habitual de traballo, polo tanto sería un accidente laboral ou que sería?, terían cobertura legal?.
O argumento de que non ten personal suficiente xa non cola,e non é que o digamos dende o PP, que tamén, senón que non hai máis que ler os diferentes informes de intervención a próposito da liquidación dos presupostos, e neles dise ben claramente que no Concello hai moito personal e ademáis mal organizado, polo que ó mellor debería empezar o Sr. Roel por organizalo axeitadamente, e así non tería que recurrir a ocurrencias de última hora coma esta, máxime cando dende o día 5 de xullo, o Concello tiña a autorización para contratar, durante dous meses a 2 peóns para a limpeza de praias.
Dende o PP de Viveiro, suxeririamoslle, que si non é capaz de organizar o personal que ten, que probase a darlle algo menos dos 220.000 € que lle deu o ano pasado a unha empresa privada para a organización dun evento, e con parte dese diñeiro contratar, temporalmente, as persoas necesarias para a limpeza das praias, que son un ben natural e de indudable atractivo turístico para Viveiro durante os tres-catro meses estivais e que en boa medida se traduce en ingresos para o noso pobo.
Fala o Sr- Roel de vixiar o cumprimento das normas nas terrazas, pero terase que aclarar, porque si non ten persoal dabondo. como conta facelo?, seguramente como fai todo o resto, non controlando horarios de peche, non controlando o tráfico, non controlando a seguridade cidadá, non contratando os socorristas ata mediados de mes ( a pesares que xa podía facelo dende o 19 de xuño )… ó mellor tamén manda ós conserxes dos colexios para estes cometidos, posto que con este alcalde todo é posible.
Hai que recordarlle ó Sr. Roel que cando incrementou a masa salarial en máis dun millón de euros, cansouse de asegurar, por activa e por pasiva, que esta suba e incremento de personal garantizaba o asegurar os servicios municipais.
Por outra banda, lembrarlle ó Alcalde e ó BNG, moi conformes coa súa política a pesares de telos expulsado do goberno, a non creación dunha comisión de persoal, algo inédito neste Concello, para analizar estes e outros temas.
Dende o grupo do PP de Viveiro preguntámonos por que se elexiron os conserxes, podíase elexir o persoal de oficinas, á policía local, os grumir, o persoal de emigración, etc e incluso o propio Alcalde ou xa postos os Concelleiros…










A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



