Barreiros, 19 de xullo de 2013. O BNG de Barreiros celebra o vindeiro domingo, 21 de xullo, a VIII edición da Manifesta da Patria Galega no espazo natural do Santo Estevo do Ermo. Neste acto lúdico-reivindicativo non faltará a xa tradicional presenza do bonito como prato central do xantar, que se acompañará doutros produtos típicos da gastronomía galega.
Na xornada tomará parte, entre outras persoas, o Deputado no Parlamento Galego, Cosme Pombo, que se dirixirá ás veciñas e veciños de Barreiros alí presentes para conmemorar o Día da Patria Galega. Segundo os nacionalistas “esta é unha data na que as galegas e galegos debemos mostrarnos orgullosas e orgullosos de selo. Demostrar que sabemos e podemos vivir como galegos e que estamos en disposición de facelo.” Para o BNG, “a celebración deste 25 de xullo é fundamental para reclamar que Galiza poida ter a suficiente capacidade para decidir sobre o seu futuro e animan ás galegas e aos galegos a rebelarse contra as políticas europeas e estatais que afunden este País e que furtan o futuro das xeracións da xente do noso País.” Neste sentido, desde o BNG animan á cidadanía a “mobilizarse nesta data porque a sociedade non pode ficar de brazos cruzados mentres toman medidas que agravan aínda máis a recesión e destrúen postos de traballo masivamente, condenando a Galiza a seguir sendo carne de emigración. Non podemos quedar mirando mentres nos rouban os dereitos que tanto custou conseguir, o noso futuro e, incluso, os nosos aforros”, aseguran desde o BNG.
O BNG de Barreiros convida a asistir a este acto a todas as veciñas e veciños do concello que queiran disfrutar dunha xornada de convivencia e reivindicación nunha paraxe inigualable como é o espazo natural do Santo Estevo do Ermo.


















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



