Foz, 23 de xullo de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, mantivo este mediodía na Coruña un encontro cos xefes de Carreteras del Estado de Galicia e de Lugo para solicitarlles que melloren o cruce da N-642 coa LU-162 en Cangas, debido á súa perigosidade. O rexedor lembrou que nese punto houbo varios accidentes. Despois da xuntanza Castiñeira anunciou que se vai colocar nova sinalización vertical e horizontal para mellorar a seguridade viaria nese lugar.
O alcalde focense explicou que “atendendo as peticións dos veciños de Nois e de Cangas nas últimas reunións que tivemos nas parroquias e aos demais focenses que están afectados por esta travesía, decidín trasladarlles as súas preocupacións ao xefe da Demarcación de Carreteras del Estado de Galicia e de Lugo, Ángel del Río e Narciso González. Son os problemas de seguridade viaria dunha estrada que rexistra o paso de máis de 11.000 vehículos ao día”.
Javier Castiñeira considera que “se trata de reivindicacións totalmente necesarias, principalmente esa intersección en Cangas coa LU-162 (Cangas-Ferreira), estrada que arranxou a Xunta de Galicia nos últimos meses. E neste caso ese cruce perigoso e moi transitado, onde xa houbo varios accidentes, e o que conseguimos é tentar facerlles ver aos responsables de Carreteras que isto non pode seguir así e trataremos de afondar en solucionalo o antes posible con sinalización viaria horizontal e vertical para reducir a velocidade e asegurar a seguridade dos peóns”.
O rexedor de Foz engadiu que “tamén estivemos a analizar o proxecto que hai para construír unha rotonda nesta zona, un proxecto moi importante e interesante que suporía un investimento de máis de 2 millóns de euros. Hai que tratar de traballalo e de sacalo adiante, pero mentres hai que realizar esas obras de sinalización que tentaremos facer xa durante este ano. Tamén lle afectan a Nois, porque se trata dunha travesía en recta na que está limitada a velocidade, pero que en moitas ocasións non se cumpre. Hai tamén liña discontinua, que permite os adiantamentos que está a facer a xente e máis velocidade, pero verase reducida porque pretendemos poñer liña continua”.
Castiñeira rematou agradecendo “aos xefes de Carreteras del Estado en Galicia e en Lugo ternos recibido e escoitado as suxestións dos veciños, que son importantes para a seguridade viaria”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



