Barreiros, 30 de setembro de 2013. O alcalde, Alfonso Fuente, no pleno celebrado este luns no Concello asegurou que o despido de dous traballadores foi motivado polo plan de axuste de pago a provedores. O rexedor explicou que obedeceu a causas económicas: “non hai máis razóns” e dixo que “percibiron 45 días de indemnización por ano traballado, en lugar de 20 días”. Así se refería no pleno celebrado esta tarde ás acusacións efectuadas desde o BNG: “cando unha institución non pode garantir o pago dos salarios aos traballadores ten que tomar decisións que son necesarias”. Sobre a demanda do BNG de que debería ser a xunta de goberno a que afrontase as indemnizacións a eses traballadores Alfonso Fuente manifestou que “dita petición está fora de contexto. Estamos diante dun caso máis da demagoxia á que nos ten acostumados o Bloque Nacionalista Galego. Esa demagoxia chega a tal extremo que foi a propia Deputación de Lugo a que levou o proceso xudicial deses despidos e son eles mesmos os que se sorprenden”.
O rexedor barreirense considera que “o BNG non é quen de falar de mala xestión no Concello de Barreiros, e non poden facelo porque foron capaces de perder un millón de euros co Breogán na Deputación de Lugo, non foron capaces de reter os fondos do Museo Provincial e agora van pagar uns tres millóns de euros por ditos fondos. A xestión do BNG na Deputación Provincial deixa moito que desexar. Por non falar do caso dos asesores”. A Fuente Parga non lle estraña que “sexa Ana Ermida a que realice este tipo de acusacións, porque a Antonio Veiga fáltalle coraxe para falar de todo isto. Non BNG non están capacitados para falar de xestión económica algunha”.
No pleno celebrada esta tarde tamén se falou da ordenanza reguladora das praias que “non se aprobou antes porque estivo en período de exposición pública e desde o BNG aproveitaron para presentar alegacións. Non entrou en vigor este verán, pero farao ao longo dos vindeiros meses”.
Alfonso Fuente referiuse a un presunto delito cun empadroamento denunciado nas últimas semanas polo BNG. Ao alcalde parécelle “preocupante que o BNG non teña coñecemento de cómo funciona unha administración. Ana Ermida ten disculpa neste caso, pero Antonio Veiga non. Nin os empadroamentos nin baixas no padrón dependen da Alcaldía. Nas últimas semanas escoitamos un montón de mentiras pronunciadas polos nacionalistas que non se corresponden para nada coa realidade, xa que esas altas e baixas no padrón dependen directamente da secretaria do Concello”. Fuente Parga subliñou que “esa señora da que o BNG fala non chegou a exercer o seu dereito a votar. Outro caso máis de demagoxia e que nos indica a baixeza política destes señores do Bloque Nacionalista Galego, que deberían saber que o Instituto Nacional de Estadística realiza de xeito habitual comprobacións dos procesos realizados no padrón: baixas e altas. Puidera ser que alguén empadroase a outra persoa na súa casa por facerlle un favor e sen ningunha mala intención ou puidera ser que alguén falsificase unha firma doutra persoa, pero será a xustiza a que se pronuncie neste caso, como non podería ser doutra maneira”.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



