Santiago, 1 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defenderá na sesión da Comisión de Pesca do Parlamento galego que se celebra este mércores unha proposición non de lei para demandar ás autoridades comunitarias que impoñan sancións a Islandia pola sobrepesca de xarda no Atlántico noreste.
Os populares sosteñen que, de igual xeito que se ten iniciado un procedemento sancionador contra as Illas Feroe por este mesmo obxecto, feito que tamén aplauden, poidan impoñerse sancións similares ao Goberno de Reikiavik ante a constatación de que a flota deste país esta incorrendo na sobreexplotación dos recursos pesqueiros nos caladoiros que son comúns, nos que tamén desenvolve a súa actividade a flota pesqueira comunitaria, entre ela, a galega.
PREOCUPACIÓN POLAS RESERVAS
Balseiro sinala que os populares comparten a preocupación da flota pesqueira galega sobre o estado das reservas da xarda no Atlántico noreste e subliña que “é crucial garantir unha pesca sostible desa especie que impida calquera tipo de risco no seu equilibrio pesqueiro”. “A xarda é una especie comercial moi valiosa para a flota galega e importante para a saúde da nosa industria pesqueira, polo que cómpre poñer fin ao saqueo irresponsable deste stock”, afirma.
Islandia e as illas Feroe aumentaron desde 2011 as súas cotas de pesca de xarda moito por riba dos seus dereitos históricos, o que, segundo a UE, supera as recomendacións científicas e sitúa eses recursos ao bordo do colapso.
AMPARO NORMATIVO
Balseiro explica que a Unión Europea dispón de amparo lexislativo para prohibir as importacións de peixe e produtos pesqueiros procedentes de países que permitan a sobreexplotación dos recursos pesqueiros e insiste en lembrar que, en base a esta nova lexislación, acordouse sancionar ás Illas Feroe coa restrición das importacións de arenque e xarda “por poñer en perigo os stocks ao triplicar de forma unilateral a súa cota de captura en augas coxestionadas por varios países”.
O portavoz do Mar dos populares galegos lembra, finalmente, que o acordo do Parlamento de Galicia, no que espera contar co apoio das forzas políticas da oposición, serviría para reforzar unha petición que xa conta co visto e prace da Xunta de Galicia e dos gobernos de España, Irlanda, Reino Unido e Francia, que esixiron á Comisión Europea que actúe dunha vez contra Islandia e as Illas Feroe.



















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



