Riotorto 1 de Outubro 2013. O alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, denunciou este martes a resolución do 10 de setembro publicada no BOE do 18 de setembro que fixo o copago para determinados medicamentos, todos eles de uso para enfermidades particularmente sensíbeis, e que entrará en vigor en boa parte do Estado Español, non así en Galiza onde se agardará até finais de ano, a partir do día de hoxe ao mesmo tempo que anunciou que o Concello de Riotorto debaterá na vindeira sesión plenaria unha moción ao respecto.
Segundo indicou o alcalde de Riotorto a proposta que vai someter a debate no Pleno solicita que “a Xunta paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiación de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario. Na mesma liña, demandaron do Goberno do Estado a derogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro de 2013 que establece a obrigatorieade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución”.
“A medida que pretendemos paralizar en Galiza e derogar no Estado recollida no BOE – continuou Estoa – deixa en mans das Comunidades Autónomas a posibilidade ou non de de ser aplicada e nese sentido demandamos do Goberno da Xunta de Galiza unha posición análoga á que xa fixeron comunidades como Asturias, País Vasco, Andalucía, Castela León, Canarias e Navarra. Abonda fixarnos nestes datos para concluír que estamos diante dun goberno que carece de corazón, que segrega en función do poder adquisitivo das persoas e que deixa tiradas, mesmo diante da morte, a aquelas persoas que máis precisan da axuda do Estado. Necesariamente estas decisións van na dirección de aumentar a mortalidade, determinando a esperanza de vida na carteira do doente”.
O alcalde de Riotorto referiuse ao contido desta resolución así como ás consecuencias que a mesma ten para a poboación de Riotorto xa que “a aprobación por parte do Goberno do Estado dunha Resolución pola que se obriga aos pacientes ambulatorios a afrontar o copago das menciñas que lle son dispensadas na farmacia dos centros hospitalarios significa cruzar todas as liñas vermellas da sanidade. Con esta medida cobraranse medicamentos como Afinitor ou Tyverb empregados en casos de mama, ou Votrient ou Temodal para o tratamento de cancro de ril e tumores cerebrais respectivamente, así coma outras medicacións para a leucemia mieloide crónica, o tratamento de tumores malignos resecábeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C crónica. E así até 157 presentacións farmacolóxicas de pouco máis de 50 medicamentos, que segundo sinala o BOE, cumpren coas condicións para ser considerados de achega reducida, ao tratarse de medicamentos de eleccións de enfermidades graves ou crónicas, e estando limitada a súa dispensación aos pacientes non hospitalizados nos servizos de farmacia dos hospitais”.
Na mesma liña indicou que “a resolución da que estamos a falar fixa a aportación do usuario ou usuaria para estes medicamentos, que estaban exentos do copago, nun 10 por cento do seu prezo, cun máximo actualmente fixado en 4,20 euros, conforme á Resolución do 21 de Xaneiro da Dirección Xeral da Carteira Básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde. Isto significa que se a menciña é de 30 euros a achega será de 3 euros, pero se a menciña custa 100 euros a achega non poderá superar os 4,20 euros. Non hai dúbida que a decisión responde a unha política totalmente antisocial e inxusta, coherente coas formulacións neoliberais, que deixa desprotexidos a pacientes con patoloxías graves ou crónicas que xa pola súa enfermidade teñen o seu poder adquisitivo reducido e que, ademais, xa consumen outros medicamentos sometidos a copago, e que se deixan de tomalos poñen en grave risco a súa vida”.
Estoa recoñeceu a súa estrañeza diante desta decisión “posto que vai máis alá de consideracións de orde ideolóxico sobre como entende o PP que ten que ser a sanidade, neste caso privada e para os ricos, e por conseguinte entronca con posicións de orde ético ou de conciencia e se queda un mínimo de conciencia non podemos tolerar e dar por bo que en función dos recursos da persoa esta pode morrer ou non. E aquí non estamos facendo demagoxia posto que o tratamento para os doentes de cancro e ril vai implicar un custo de 300 euros ao mes o que significa preto da metade da pensión media dun xubilado en Lugo. Pero hai máis posto que atrás desta decisión agóchanse no noso Concello centos de dramas, con nomes e apelidos, que a maiores de padecer unha doenza desta magnitude agora dificilmente vai poder facerlle fronte economicamente. Estamos diante dunha cuestión de humanidade que non podemos deixar pasar porque aquí xógase coa vida de veciños e de veciñas”.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



