Foz, 1 de outubro de 2013. Un novo colectivo teatral, Colectivo Antón Vilar Ponte, vense de constituír en Foz co fin de promover a actividade teatral na vila, un dos poucos núcleos do Concello onde non existe grupo de teatro, pero tamén na perspectiva de que os afeccionados a actividade teatral amador poidan ter un espazo onde desenvolver a súa afección algo que a día de hoxe non era posíbel unha vez que desapareceron os grupos que tiñan a vila como localización.
Segundo explicou o Portavoz do Colectivo, Gonzalo Villarmea, “non é casual que escolleramos como nome da entidade Colectivo Antón Vilar Ponte, posto que Antón Vilar Ponte non só é o gran renovador do teatro galego na primeira década do século XX, o seu grande divulgador, senón que Antón Vilar Ponte mantivo unha reunión permanente coa vila de Foz, na súa condición de veciño, de visitante asiduo e sobre todo, para o que nos interesa, foi nesta localidade onde elaborou a súa obra “A patria do labrego”, en 1903, co que se inicia o novo teatro galego, obra que por certo, en palabras do de Viveiro está inspirada no caciquismo que veu e viviu en Foz nas eleccións de 1903. Queremos que fique claro que a elección do nome non é inocente, posto que alén da relación do autor con Foz, estamos diante de toda unha declaración de intencións na dirección de afirmar que tamén en Foz é posíbel facer teatro de vangarda e teatro que poña en valor aos nosos clásicos”.
O Portavoz do Colectivo indicou que “a curto prazo o noso obxectivo e preparar unha representación teatral e neste sentido facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas de Foz que teñan interese en participar como actor ou como actriz na obra de teatro que pretendemos poñer en escena para que se poñan en contacto con nos chamando ao número de telefone 636-03-94-20 tanto a fin de participar con nos na definición da obra teatral a representar como tamén para determinar unha vez escollida a obra determinar o papel máis axeitado á persoa. Neste sentido, querémosvos lembrar que o prazo para anotarse a agrupación remata o xoves, 3 de Outubro, estando pensado o comezo dos ensaios para preparar as novas obras na segunda quincena do mes de Outubro. Xa por último, desexamos destacar a boa acollida da iniciativa polo alto número de persoas que se inscribiron na actividade o que mesmo nos esta levando a representar máis dunha obra se ben volvemos lembrar o prazo de remate para anotarse a fin de que ninguén esqueza a posibilidade de participar a actividade”.


















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



