A UNED-Aula Universitaria de Foz informa dos prazos de matrícula para este curso académico 2013-2014. Para a solicitude da beca está aberto ata o 15 de outubro, mentres que para realizar a matrícula en Grados, Diplomaturas e Licenciaturas, permanecerá aberto ata o día 16. Así mesmo, para formalizar a matrícula no curso de acceso para maiores de 25 e 45 anos, os interesados teñen de prazo ata o 28 de outubro e para matricularse para CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) permanecerá aberto ata o 4 de novembro. A aula de Foz ofrece orientación individual e personalizada así como orientación e asesoramento ao longo do curso. O horario da súa oficina é de 10.00 a 12.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas ou a través do correo electrónico foz@lugo.uned.es.























Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



