A primeira tirada da XXV Liga de Bolos Concello de Xove celebrouse o sábado 5 de outubro en Lago cunha participación de 34 inscritos: 18 na liga sénior, 10 na sub-16 e 6 na feminina.
Nunha tarde espléndida e cun campo en perfectas condicións, Jordi Meitín fíxose coa vitoria na categoría sénior, seguido de José Rafael e Francisco Pérez. Salientamos nesta categoría, o mesmo cas outras, o alto nivel amosado por tódolos xogadores, sen dúbida froito do entreno, xa que a maioría dos xogadores agora compiten a maioría do ano, xa que cando remata a liga municipal xogan co Club de Bolos Xove distintas competición pola Provincia e por toda Galicia.
Liga Sénior Feminina
Vitoria de Dolores Baño, unha das favoritas, seguida de Salomé Bermúdez e Concepción Piñeiro. Agrádanos moito esa segunda posición de Salomé, quen, despois dunha lesión de brazo de varios meses, polo que se ve, está totalmente recuperada.
Liga Sub 16
Nesta liga os tres favoritos acadaron as primeiras posicións, con victoria de Isaías Cardoso. A ver se este é o ano de Isaías, xa que tanto Salomé coma Daniel xa inscribiron o seu nome coma campións desta Liga.
Nesta tempada, e co fin de igualar un pouco as posibilidades, tendo en conta as diferenzas de idade, a tódolos xogadores de 14 anos ou menos, váiselles permitir a “cucada”, non esixíndolles que cheguen a bola á línea do 8. Esperemos que grazas a esta medida, xusta por outra banda, as novas incorporacións poidan plantexarlle unha certa pelexa aos favoritos.
|
CAMPIONATO DE BOLOS DO CENTRO SOCIAL DE LAGO (5 OUTUBRO DE 2013) 34 INSCRITOS: 18 NA LIGA SENIOR, 10 NA LIGA SUB 18 E 6 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | JORDI MEITÍN SERANTES |
277 |
12 |
| SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
276 |
10 |
| TERCEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
256 |
8 |
| CUARTO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
245 |
7 |
| QUINTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
236 |
6 |
| SEXTO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
234 |
5 |
| SÉTIMO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ |
231 |
4 |
| OITAVO | AURIO FOLGUEIRA IGLESIAS |
226 |
3 |
| NOVENO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
225 |
2 |
| DÉCIMO | CÉSAR LÓPEZ CANCELOS |
208 |
1 |
| MELLOR BOLADA | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
88 |
1 |
|
LIGA SUB 18 |
|||
| PRMEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
134 |
6 |
| SEGUNDO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ |
134 |
4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
117 |
3 |
| CUARTO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
103 |
2 |
| QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO |
91 |
1 |
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
47 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA |
157 |
6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
154 |
4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
129 |
3 |
| CUARTO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
126 |
2 |
| QUINTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ |
30 |
1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ BERMUDEZ BEN |
56 |
1 |
A vindeira tirada vai ter lugar no CLUB PALMEIRO, o vindeiro sábado 12 de outubro de 2013.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
