Foz, 8 de novembro de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, aclarou este venres que no Plan Xeral de Ordenación Municipal focense, que está en período de exposición pública, os polígonos desenvólvense como marca a lei e igual que nos demais concellos, porque sería ilegal facelo doutra maneira.
O rexedor municipal resposta ás críticas do BNG sobre este asunto manifestando que “se o Bloque Nacionalista Galego entende que o maior problema do Plan Xeral de Foz é o reparto de beneficios e cargas dos polígonos, dende o grupo de goberno dicímoslle ao señor Basanta que pregunte en concellos gobernados polo BNG, como Ribadeo ou Monforte, como se executan os polígonos: faise exactamente igual que en Foz, en Burela ou no resto dos concellos que están acometendo un Plan Xeral”.
Javier Castiñeira explica que “os polígonos son unha ferramenta no Plan Xeral para poder desenvolver solo que é non consolidado e convertelo en consolidado; e os que teñen que asumir os gastos dese polígono evidentemente son aqueles que van recibir tamén os beneficios desa recualificación. Iso é lóxico e ademais é o que di a lei: sería ilegal que o resto de veciños de Foz pagaran as obras de quen se vai lucrar por unha recualificación de solo, que pasa de non consolidado a consolidado de licenza directa. Polo tanto eu non sei que reclama o BNG. Moi ben debe de estar o Plan Xeral de Foz para que o BNG se ande pelexando co reparto de beneficios e cargas dos polígonos, algo que é obrigatorio por lei”.
O alcalde engadiu que “á hora de desenvolver os polígonos establécese un prazo de oito anos, pero tamén a Lei do Solo de Galicia no ano 2003 establecía que no 2006 todos os concellos tíñamos que ter un plan xeral e non foi así. Ponse como óptimo un desenvolvemento en oito anos, pero iso non significa que eses propietarios teñan que facelo nese tempo. O Plan Xeral, unha vez aprobado, desenvolverase segundo entendan a maioría dos propietarios que hai que desenvolver cada unha das unidades de actuación ou dos polígonos. E moitos deles é probable que, se non hai acordo, queden sen desenvolver. Pero iso pasa nos plans xerais e en calquera outra organización urbanística”.
O rexedor municipal tamén aclara que “non é unha novidade que os propietarios absorban as obras de urbanización pois nestes últimos anos, cando houbo tanta presión urbanística en Foz, e o señor portavoz do BNG sábeo porque tamén lle tocou no seu momento participar do boom urbanístico e moi afortunadamente, os propietarios asumiron os custes de urbanización. En todas as urbanizacións grandes e pequenas que se fixeron en Foz os propietarios, neste caso os promotores, asumiron o custe da urbanización e evidentemente tamén recibiron os beneficios que lles reportaba ter unha licenza directa. Polo tanto non sei de que se estraña o BNG e por que está intentado alarmar falando de cantidade de millóns cando realmente do que estamos a falar é dun desenvolvemento urbanístico de máis de vinte anos. En todos aqueles casos nos que se consiga desenvolver un Peri, unha unidade de actuación ou un polígono os máis beneficiados evidentemente van ser aqueles propietarios que tiñan solo non consolidado e que despois van ter solo consolidado e licenza directa. Polo tanto é unha recualficación e deben asumir os custes igual que os beneficios. Iso é o xusto e é a única ferramenta que hai hoxe en día para desenvolver un plan”.
Polo tanto Castiñeira recomenda “ao BNG e a eses avogados e arquitectos que trouxeron que se informen mellor; e téñeno moi fácil, que miren para Ribadeo, Monforte ou calquera outro sitio no que gobernan eles, onde están facendo exactamente o mesmo. A ver se somos máis listos ou máis parvos uns que outros por ser dun partido político diferente”.
Unifoz
O alcalde tamén se referiu ao portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, que “está facendo charlas explicando o Plan Xeral e supoño que explicará o mesmo que cando estaba no PSOE, porque a orixe deste plan é o que el tiña aprobado. Supoño que está asegurado o voto a favor de Unifoz, posto que o señor Cancio é un dos partícipes deste Plan Xeral, que arrancou no ano 2004 e entón explicou que era un Plan Xeral moi positivo para Foz. Supoño que nas charlas que está facendo nas parroquias estará explicando iso, non facendo todo o contrario, porque senón entrariamos xa nun problema de coherencia. Eu creo que os veciños non merecemos un cambio de opinión tan rápido. Polo tanto se o señor Cancio está apoiando o Plan Xeral nesas charlas paréceme moi ben, se non paréceme unha incoherencia”.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



