A vindeira semana teran lugar no IES de Foz diversos actos relacionados co mundo dos cogomelos. O luns e o martes os alumnos/as de hostelería e 4º da ESO irán ao Campo do Oso e á Fraga Vella a recoller cogomelos. O profesor Suso Liste explicaralles in situ como debe facerse a recolección e cales son os máis valorados en hosteleria. O xoves 14, ás 14:30 no comedor de Hostelería terá lugar unha degustación con máis de 30 elaboracións feita polos alumnos/as de 2º do Ciclo Medio de Cociña.
Xornadas micolóxicas no IES de Foz
Xornadas micolóxicas no IES de Foz
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura