Esta noite terá lugar a partires das once o segundo Campañazo do mes de novembro, que organiza ACIA Foz e no que se porán en xogo outros 600 euros en vales de compra, 300 para o primeiro que cante o bingo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. En total participan nesta nova edición do Campañazo preto de 60 establecementos comerciais e hostaleiros de Foz. Socorro foi a primeira afortunada o pasado venres. Cantou o Campañazo na pizzería Xoiña e levou 300 euros en vales de compra, que lle entregaron onte pola noite nese local o seu responsable e membros da directiva de ACIA Foz. Outras seis persoas resultadon agraciadas con 50 euros en vales de compra cada unha en A Rula, Xoyma, A Maseira, Happy Days, Tangarte e Oíche.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



