Burela, 8 de novembro de 2013. Técnicos de Augas de Galicia visitaron a actual depuradora de augas residuais co obxectivo de elaborar un estudio de viabilidade para mellorar o saneamento do concello de Burela. O alcalde, José Mª González Barcia, estima que ese estudio podería estar elaborado nun prazo duns catro ou cinco meses.
O rexedor contou que “durante a mañá de hoxe técnicos de Augas de Galicia estiveron aquí, no Concello de Burela, para ver co goberno municipal as instalacións da actual estación depuradora de augas residuais e ver o seu funcionamento de cara a elaborar un estudio de viabilidade para a mellora da rede de saneamento de Burela”.
González Barcia explicou que “a estación depuradora de augas residuais de Burela é unha das últimas plantas físico químicas que se fixo no seu momento e evidentemente ante a perspectiva de que a poboación de Burela aumente loxicamente temos que ver a situación que ten a planta actual e ver cales son as posibilidades para mellorar o tramo final do saneamento integral do noso concello. Precisamente para iso os técnicos estiveron vendo con nosoutros as distintas instalacións, coñeceron de primeira man a través dos técnicos municipais e do propio equipo de goberno os planos sobre a rede de saneamento, sobre a rede de colectores e sobre a rede de pluviais que agora mesmo ten en marcha o Concello. E todos estes datos xunto cos que xa teñen eles sobre o funcionamento actual da estación depuradora de augas residuais son os que nos van levar a establecer un plan de viabilidade para ver de mellorar a situación actual que temos”.
O alcalde burelés dixo que “non se pode concretar agora cal será a solución proposta por Augas de Galicia. Eu entendo que o estudio de viabilidade pode estar elaborado nun prazo de tres, catro ou, como moito, cinco meses e a partir de aí xa saberemos a que aternos”.
José Mª González Barcia lembrou que “houbo varias conversas tanto con Augas de Galicia como coa propia Consellería de Medio Ambiente sobre a necesidade de mellorar as instalacións da estación depuradora de augas residuais do noso concello durante estes xa máis de dous anos. De feito estudiarase a posibilidade de enmarcala dentro do plan xeral de ordenación municipal e despois, tendo en conta que Portos de Galicia estaba elaborando o seu plan de usos do espazo portuario de Burela, suprimímola desa aprobación inicial. Pero este é un paso moi importante de cara a mellorar as instalacións que temos actualmente dun xeito ou doutro. Non se pode agora mesmo establecer ningunha solución a priori, pero isto demostra o interese da Xunta de Galicia por mellorar as instalacións que temos e polo tanto o saneamento do concello de Burela”. O rexedor engadiu que “ao largo desas conversas que houbo durante estes dous anos foron manifestándose distintas situacións que se tiñan provocado na actual Edar e isto evidentemente é un paso moi significativo porque demostra o compromiso de Augas de Galicia e da Xunta para mellorar estas instalacións”.
Para o alcalde burelés “hai que darlle tempo ao tempo, sabemos que estas actuacións non se programan dun día para outro, leva tempo a concreción das solucións e loxicamente son obras que teñen un custo importante. Nos vamos estar en contacto con Augas de Galicia e cando o estudio de viabilidade estea rematado e enriba da mesa sobre ese traballo nós tamén daremos a nosa opinión, en todo caso buscando sempre un consenso con Augas de Galicia, porque en definitiva van ser eles os que dun xeito ou doutro aborden economicamente as obras. O Concello de Burela non ten agora mesmo capacidade financeira para facerlle fronte a unha actuación dese tipo, pero en todo caso a Xunta de Galicia sabe que pode contar coa nosa colaboración para dar todos os pasos precisos de cara a levar a cabo as melloras que todos queremos”.
Na visita realizada á Edar acompañando aos técnicos de Augas de Galicia participaron o alcalde e a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



