O duelo polo liderato da Primeira División saldouse con vitoria para o Atlético de Madrid Navalcarnero tras impoñerse por 1-2 ao Burela Pescados Rubén. Ju Delgado, autora dos goles colchoneiros, convertiuse na gran protagonista dun choque de máxima intensidade e con dominio alterno.
Durante o primeiro periodo ambos conxuntos presionaron ao seu rival con moita intensidade e, tralo tanteo inicial, alternaron o dominio no xogo pero sen ocasións claras e demasiadas imprecisións por ambas escuadras. Aínda que Patri desbaratou un par de accións de certo perigo visitante, a mellor ocasión foi para o Burela Pescados Rubén, minuto 7, pero o pau interpúxose no camiño do gol tras un disparo colocado de Peque. A igualdade do choque rompeuna Ju Delgado, minuto 17, aproveitando unha concesión laranxa logrou bater a Patri cun potente disparo raso desde a frontal do área. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación o Atlético comezou dominando pero Lidia marcou o empate tras un saque de esquina, minuto 23.
A igualada revitalizou ao conxunto burelés e as madrileñas acusaron o golpe considerablemente. O Burela Pescados Rubén dominaba e gozaba de ocasións para adiantarse pero perdoaba ante a meta defendida por Belén. O Atlético sufría ante o acoso laranxa ata que Ju Delgado emerxeu de novo. Tras un roubo en media pista plantouse nun man a man con Jozi e con serenidade logrou marcar o 1-2, minuto 32.
No tramo final do envite, as madrileñas perdoaron dous dobrepenaltis, Fabi e Natalia. O Burela recorreu ao xogo de cinco e a oportunidade do empate chegou nun dobrepenalti a 40 segundos do final. Peque asumiu a responsabilidade aínda que o seu disparo marchouse desviado e non puido evitar a vitoria das colcheneiras.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Patri, Lidia, Peque, Maite, Bea –cinco inicial- Claudia, Lara, Jozi.
Atlético de Madrid Navalcarnero: Belén, Leti, Ju Delgado, Anita Luján, Rosana –cinco inicial- Natalia, Cristina, Fabi.
Goles: 0-1, m. 17, Ju Delgado; 1-1, m.23, Lidia; 1-2, m.32, Ju Delgado.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 da Primeira División, disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela. 800 espectadores.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 
