Burela, a 29 de agosto de 2013.- A Agrupación Local do PP burelés calificou onte, a través do seu portavoz José Luis Lois Losada, de “lamentable” a ausencia da totalidade da oposición, PSOE e Grupo Mixto, na apertura oficial da urbanización de Torrentes.
Lois Losada foi rotundo: “o PSOE está nunha deriva absolutamente radical tamén en Burela: o buenismo do Sr. Llano era un espexismo que durou o que durou, e agora este señor e os seus compañeiros mostran o semblante máis intolerante e irresponsable do socialismo, máxime tendo en conta que estiveron catro anos dirixindo o concello”.
O portavoz popular considera que “ainda que só sexa por respecto ó pobo de Burela, o PSOE tiña a obriga de estar presente no acto de apertura oficial. O non facelo, demostra perfectamente o desprecio dos socialistas a este proxecto e o nulo grado de compromiso socialista con este proxecto que é beneficioso para todos. E todo porque foi un proxecto que arrancou cun goberno municipal do PP”.
José Luis Lois asegurou que “o PSOE burelés está instalado no ‘non’ sistemático a todo o que parta do equipo de goberno, lonxe de exercer unha oposición responsable e coherente: votan sistemáticamente en contra do que propón o alcalde e todo o que propón e fai o equipo de goberno resulta denigrado e despreciado polo PSOE, mesmo con tintes de violencia e odio verbal”.
O portavoz da Agrupación Local do PP burelés afirmou que “con esta forma de actuar, o PSOE só tenta contentar a unha parte mínima das súas bases, dado que boa parte dos seus afiliados e simpatizantes non comulgan co que están facendo desde a dirección do partido e desde o grupo municipal”.
Noutro orde de cousas, Lois Losada felicitou ó novo concelleiro do Grupo Mixto, Mario Pillado, e animouno a “traballar facendo crítica constructiva, propostas que beneficien realmente ós cidadáns lonxe de posturas ideoloxizadas, e apertura de miras para buscar consensos con equipo de goberno”. Con todo, Lois Losada manifestou que “o Sr. Pillado tén o listón algo alto, xa que a Sra. Cando deu repetidas mostras, desde a oposición, da súa capacidade de traballo”.
Pero o portavoz popular foi crítico co partido ó que pertence Mario Pillado: “que se tarden cinco ou seis meses en substituir a Neves Cando resulta un esperpento, que demostra a total desorganización e caos que se vive a todos os niveis dentro do Bloque. Caos que chega ó semellarse a unha desbandada, que o que reflexa que tiveran que renunciar os oito primeiros da lista do BNG para que o Sr. Pillado sexa concelleiro, o que, ademais de desbandada, demostra que os do Bloque, alomenos os de Burela, cando non se goberna e toca estar na oposición non son partidarios de comprometerse con nada nin con nadie”.