Dentro dos circuítos de actuacións que presenta o programa Buxiganga, o grupo “Nova Escena” de Lugo representou o pasado domingo, día 17 de novembro”, na Casa da Cultura de Alfoz, a súa obra titulada “2155”, de Xoán Carlos Laxe. A obra presenta unha utopía futurista na que o mundo se atopa habitado case exclusivamente por mulleres e un home é algo pouco habitual. Catro mulleres viven xuntas nunha residencia comunitaria e as autoridades que controlan a natalidade permitiranlles dispoñer durante un mes dun home para reproducirse. Excelente ambientación e interpretación do grupo “Nova Escena”, que presentou en Alfoz unha forma de teatro alternativa á que vén sendo habitual.
