Tal e como se comprometaran hai uns días os deputados autonómicos –Juan Carlos González Santín e José Ramón Val- na reunión que mantiveron cos representantes do comité de empresa de Sargadelos, os socialistas veñen de presentar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei e varias preguntas para que o goberno galego explique detalladamente a que destinou o millón de euros concedido a esta entidade en 2010 (400.000 a fondo perdido e 600.000 a través dun préstamo participativo). Concretamente, os socialistas instan ó Executivo de Feijóo a poñer en marcha todas as medidas e acción precisas encamiñadas a garantir a viabilidade e a continuidade da empresa, así como a asegurar a totalidade dos postos de traballo.
Así mesmo, segundo recoñece José Ramón Val, tamén “seremos a voz dos traballadores, polo que tamén demandaremos que o Partido Popular dé cumprida conta das xestións que se están a levar a cabo por parte da Xunta para manter esta factoría; que nos expliquen que organismo foi o encargado de fiscalizar a boa utilización das axudas concedidas no pasado mandato; e que nos digan se se cumpriron os requisitos establecidos no Plan de Viabilidade, que posibilitaron a entrega destes fondos”.
A este respecto, o socialista subraiou que “así nos comprometemos, e así o fixemos. Cremos que é de xustiza que o goberno de Feijóo aclare a todos os mariñanos pero, sobre todo, a todas as familias que dependen desta fábrica se a Xunta está disposta a mirar polo seu futuro ou, se pola contra, apoia a decisión da dirección empresarial de despedir ó 50% da plantilla. A situación é moi clara: o Executivo galego loitará para que esta empresa sexa viable si ou non?, concluíu Val.
É o momento de negociar
O deputado autonómico destacou, tendo en conta que xa está aberto o periodo para as negociacións, é o momento de buscar unha fórmula que garanta o mantemento desta xente. “Isto non é só unha cuestión económica, senón que estamos falando doutro tipo de sensibilidades”, indicou.
A dirección de Sargadelos ten previsto despedir a 70 dos 172 traballadores, sendo a fábrica de Cervo a máis perxudicada. No caso da planta de San Cibrao, contémplase a rescisión do contrato de 41 dos 80 empregados que en total ten a entidade e, na de Sada, 29 dos 83 existentes. Trátase, pois dunha drástica redución de persoal que pon en risco a esencia dunha factoría na que se seguen elaborando as pezas de unha en unha.
Os directivos da empresa xa comunicaron ós empregados que non queren negociar cos comités por separado, como se fixo cos catro ERES anteriores, dos que tres foron temporais e o cuarto de redución de xornada. As dúas fábricas encadenaron este ano o cuarto exercicio consecutivo en perdas, cuns resultados negativos no seu conxunto de case 270.000 euros, desplomándose así as vendas anuais ata un 20%.
A Mariña precisa un plan de emprego específico
O socialista lamenta que, debido a unha mala xestión por parte da Xunta de Galicia, esta empresa se poida ver abocada ó seu peche, ó igual que o fixeron con anterioridade outras entidades importantes para o tecido socioeconómico e produtivo da Mariña. É o caso de Muebles Hermida, ECAR de Mondoñedo ou o Grupo Mon. Ante esta crítica situación que atravesa a comarca, José Ramón Val destaca a necesidade de que a Xunta de Galicia e o Goberno Central lideren un plan de recuperación do emprego e da actividade económica da Mariña, incluíndo a apertura de liñas de financiamento específicas a conta do IGAPE para todos aqueles autonómos e PEMES da comarca que se atopan atrapados en concurso de acredores, e que, como consecuencia dos mesmos, a súa viabilidade está en risco, así como un plan de choque que fomente o consumo a fin de evitar o peche de centos de pequenos negocios existentes en toda a comarca.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



