Lugo, 19 de novembro de 2013.- O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o subdelegado en Lugo, Ramón Carballo, visitaron este martes o centro da Xesta (Abadín), onde presentaron o plan de vialidade invernal na rede de estradas do Estado na provincia de Lugo e na vertente leonesa do porto de Pedrafita, ata Vilafranca do Bierzo. O dispositivo estatal disporá de corenta máquinas quitaneves para facilitar a circulación ante nevadas e outras situacións meteorolóxicas extremas.
A posta en marcha deste plan de vialidade invernal, que activou o pasado venres a Delegación do Goberno en Galicia, integra e coordina o conxunto de medios da Administración Central dispoñibles na provincia e na vertente leonesa do porto de Pedrafita. Asimesmo establece os procedementos de actuación dos servizos, medios e recursos do Estado que sexa necesario mobilizar ante a predición de precipitacións en forma de neve ou meteoroloxía adversa. Trátase de asegurar a vialidade de circulación na rede estatal de estradas, reducir ao mínimo o número de tramos con restricións ao tráfico, así como evitar no posible as retencións de vehículos ou, no seu caso, minimizar a súa duración.
Na visita desta mañá ao centro de vialidade invernal de A Xesta, xunto ao delegado do Goberno e o subdelegado en Lugo estiveron o xefe provincial da Demarcación de Carreteras en Lugo, Narciso González; a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero; o xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, o tenente coronel Miguel Ángel González Arias; o capitán de Tráfico da Garda Civil, Javier Miranda; e o xefe da Unidade de Protección Civil e Emerxencias da Subdelegación do Goberno, Juan Yáñez.
MEDIOS DISPOÑIBLES
O plan para a provincia que foi detallado hoxe na Xesta, cubre 758,46 quilómetros de estradas convencionais e autovías estatais da provincia de Lugo, incluíndo a vertente leonesa de Pedrafita. No inicio desta campaña disporáse dun total de 40 máquinas quitaneves e esparcidoras de salmuera, 2.315.000 litros de salmuera (de menor impacto ambiental) e 9.600 toneladas de sal.
A nivel Comunidade Autónoma, lembrar que o ámbito de actuación deste protocolo estatal abarca un total de 2.250 quilómetros de rede, vías convencionais, autovías e autopistas (AP-9 y AP-53), e dispón ao inicio desta campaña de 90 máquinas quitaneves (63 camións convencionais quitaneves e 27 camións esparcidores de salmuera), 2.812.000 litros de salmuera e 18.000 toneladas de sal. Aínda así, as cantidades de salmuera e sal correspóndense cos acopios iniciais e poderán ser aumentados a medida que discorra o inverno, se é necesario.
O documento que detalla o Plan autonómico e provincial para a campaña 2013-2014 inclúe os modos de execución e coordinación necesarios nas actuacións fronte ás predicións meteorolóxicas extremas, coa definición dos mecanismos particulares de cada fase da mesma: alerta, preemerxencia e emerxencia. Tamén se especifican os mecanismos de información, coordinación e cooperación cos órganos e autoridades da Xunta de Galicia e das distintas administracións provinciais e locais.
POSTOS DE MANDO AVANZADO NA PROVINCIA
Os medios e materiais cos que se conta para a presente campaña na provincia de Lugo e na vertente leonesa do porto de Pedrafita distribúense en catro postos de mando estratéxicos:
1- Pedrafita, que atende o porto de montaña do mesmo nome, tanto na súa vertente da provincia de Lugo como na de León, e encárgase do tramo potencialmente máis conflitivo dos enmarcados neste protocolo.
2- Lugo, que é o que abarca un maior número de quilómetros da rede viaria provincial. Encárgase da autovía A-6 e a estrada Nacional VI dende O Cereixal ata o límite coa provincia da Coruña, así como da N-540, a N-547 e a parte sur da N-640. O tramos máis significativos son os Portos de Campo de Árbol e do Picato.
3- Vilalba, encargado da autovía A-8, as estradas N-634, N-642 e a parte norte da N-640. Os tramos máis destacados son o Porto da Xesta e o do Marco de Álvare.
4- Monforte de Lemos, que atende a estrada N-120, sendo o tramo máis significativo o Porto de Guitara.
PROGRAMA NACIONAL
A campaña de vialidade invernal artéllase a través do “Protocolo para a Coordinación de actuacións dos órganos da Administración Xeral do Estado”. A coordinación territorial en Galicia realízaa a Delegación do Goberno, colaborando nos plans provinciais as subdelegacións. No protocolo xeral interveñen tamén os servizos de Conservación e Explotación de Estradas, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil e as Xefaturas provinciais de Tráfico, en colaboración cos órganos e servizos previstos nos plans territoriais de emerxencias das comunidades autónomas.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



