Burela, 19 de novembro de 2013. O Concello de Burela ten recibido ou confirmado no que vai de ano un total de 688.834 euros por parte da Xunta de Galicia a través de distintas Consellerías, fundamentalmente Traballo e Benestar, segundo manifestou hoxe o alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, que destacou así o elevado grado de colaboración do goberno de Núñez Feijoo con Burela.
O rexedor manifestou que “eses 688.834 euros recibidos son subvencións directas ó Concello de Burela como tal por parte da Xunta. Se sumamos unha axuda do Grupo de Acción Costeira, a achega ó obradoiro conxunto con Cervo e Xove, a achega a un servicio comarcal coma a Unidade de Atención ó Drogodependiente e unha subvención de AGADER que se executará no vindeiro ano, o importe total, hasta o momento, confirmado ou recibido, sería de 1.125.942 euros, unha cifra respectable sen dúbida”.
Só en políticas activas de emprego, e sen incluír o actual obradoiro, o Concello de Burela ten recibido un total de 374.597 euros, que serviron ou están servindo para formar a 75 desempregados, para pagarlles as becas de asistencia a través de cinco cursos, e dar traballo directo a 30 persoas (monitores dos cursos, socorristas, brigada de incendios, etc) “o que demostra a implicación da Xunta e do propio Concello de Burela de cara a minimizar os efectos do paro”, sinalou o alcalde burelés.
González Barcia indicou que “estes datos, ademais, demostran unha importante capacidade de xestión para plantexar proxectos e actuacións viables para os veciños e veciñas deste concello co menor custo posible, dado que as arcas municipais non poderían soportar nin por asomo semellante esforzo económico”. O alcalde aproveitou para recoñecer “o traballo de todo o equipo de goberno, cada quen dentro do seu ámbito de actuación”.
O rexedor burelés asegurou que “con cargo ó presente exercicio 2013 da Xunta de Galicia recibiremos aínda máis fondos en subvencións directas ó Concello por un importe que rondará os 100.000 euros. Correspóndense con convocatorias que aínda están sen resolver”.
O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, tamén amosou a súa decepción ante a falla de esforzo e compromiso da Deputación Provincial de Lugo: “neste ano 2013, o Concello só recibe directamente un total de 32.500 euros, incluído o Plan de Obras e Servicios, e non é precisamente porque non teñamos necesidades. É certo que hai colectivos que reciben diñeiro da Deputación, como os hai que o reciben da Xunta; tamén é verdade que houbo colaboración na edición do libro do Torques, pero en liñas xerais o grao de aportación da Deputación ó Concello burelés deixa moito que desexar. Semella que Burela non existe para o Sr. Besteiro, e xa empezo a crer que é certo”.
Barcia rematou pedíndolle ós veciños que “á vista dos datos que facemos públicos, que se poden verificar no propio Concello, que cada quen saque as súas conclusións”.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



