Lugo 26 de novembro de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular rexeitou uns orzamentos que supoñen que a Deputación Provincial de Lugo se reafirme en ser a administración galega que “máis recortes fixo e segue a facer”; ademais de multiplicar por cinco o endebedamento por habitante dende 2007.
Os populares rexeitaron a reprochable xestión de José Ramón Gómez Besteiro ao longo destes anos ao fronte da institución, manifestada nuns indicadores que recollen unha redución no investimento por habitante dende 2007, mentres que o endebedamento por lucense multiplicouse ata en cinco.
Neste senso, a voceira dos populares, Elena Candia, asegurou que o bipartito da administración provincial é o mellor exemplo de “dime do que presumes e direiche do que careces” xa que os bos ratios de endebedamento dos que presumen “véñense abaixo se comparamos como estaba a administración provincial en 2007 co PP e como está agora co PSOE e o BNG”.
En números concretos, Candia explicou que se pasou dun endebedamento por habitante de 30,31 a 150,94; mentres que o investimento por habitante reduciuse do 85,46 ao 77,05.
Menten en materia de emprego
José Ramón Gómez Besteiro vende estes orzamentos como os da creación do emprego, porén a súa xestión nesta materia evidencia unha realidade moi diferente. Así o manifestou a popular, tar dar a coñecer que da partida para o fomento do emprego a 30 de setembro de 2013, o grao de execución era dun 4,17%.
Unha situación semellante deuse nesta partida no ano 2012, na que quedou sen executar uns 2,7 millóns. Estes datos amosan que o bipartito provincial xoga coa necesidade de crear un posto de emprego simplemente en épocas electorais, para obter réditos políticos de aí o plan que anunciaron a principios de mes e cuxos prazos implica que o contratos dos traballadores seleccionados finalice un mes despois dos comicios de 2015.
Recortes e afogo aos concellos
Unha redución do 21% en investimentos reais; un 53% en transferencias de capital a concellos ou un 98% en gastos en investimento de carácter inmaterial; son algúns dos exemplo dos recortes promovidos polo goberno do bipartito provincial que implican o afogo dos municipios que se ven esquecidos pola Deputación lucense.
A mesma diminución de crédito se dá en transferencias correntes e de capital en áreas como cultura (358.000); deportes (382.000) ou turismo (107.000).
A maiores, os orzamentos do 2014 prevén o peor plan de obras e servizos de toda Galicia, así como o incumprimento en materia de benestar. Neste senso, os populares rexistraron enmendas aos orzamentos nas que demandan unha mellora no POS, un incremento na partida do SAF, así como a garantía da asistencia económica aos concellos.
“Existe unha ampla contía en gastos sen concretar que permitirían mellorar o POS”, explicou Candia, ao tempo que explica que non é permisible “que nuns orzamentos un presidente destine tanto a vender a súa imaxe que a garantir o SAF”, matizou a popular
Esta desatención aos concellos púxose de manifesto na sesión plenaria celebrada hoxe, na que equipo de goberno da Deputación Provincial de Lugo desoeu tanto o acordo plenaria dos tres partidos con representación no Concello de Lourenzá, como incluso a informes técnicos. Esta situación deuse no proceso de transferencia de titularidade do chamado Camiño A no municipio, tras negarse a modificar un convenio con cláusulas de imposible asunción polo goberno local, pese a que así llo piden os representantes do PSOE e do BNG no municipio.
O mesmo exemplo de despreocupación ante as demandas dos veciños, deuse á hora de responder á pregunta do Grupo Provincial do Partido Popular na que se interesaban pola colocación de bandas rugosas na estrada do Saviñao,que vai de Ferreira de Pantón a Taboada, pasando por Escairón e Currelos, tal e como lle demandaron os residentes mediante un escrito.
O bipartito provincial non se ruborizou en asegurar que a seguridade está garantida, e que alí non se deu ningún accidente; unha mostra de “desatención aos veciños aos que desoen”, pese a que están a denunciar a velocidade superior á permitida e a que pasan os vehículos.
Subvencións nominativas 2014
Os populares tamén rexistraron unha enmenda na que solicitan que a Deputación Provincial de Lugo garanta a colaboración a través de subvencións nominativas con todas as festas de interese turístico da provincia.
A maiores, dende o GPP matizaron que do total concedido a través de subvencións nominativas a concellos; os do PP reciben só 40.000 (16%) euros; mentres que os do PSOE, BNG e Independentes reciben 209.500 euros (84%)


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



