Mércores 8 de xaneiro. A Selección da Mariña de Fútbol Sala de Base, baixo a coordinación da Fundación Imdecum, viviu onte unha emocionante estrea no Campionato Autonómico. Os da costa de Lugo medíronse á bisbarra de Lambre-Mandeo nas categorías de benxamíns, alevíns e infantís cos resultados moi rifados, unha vitoria (1-2), un empate (1-1) e unha derrota (4-2).
A Terra Chá
O combinado chairego será o próximo rival dos mariñáns. O pavillón Vista Alegre de Burela acollerá a pugna o domingo 12 de xaneiro, a partir das 16.00 horas, coa novidade da incorporación da categoría cadete.
RESULTADOS
Categoría Benxamín: Lambre 1 – A Mariña 2
Selección Lambre-Mandeo
●Cinco Inicial: Pedro, Anxo, Alberto, Marcos e Adrián
●Tamén xogaron: David (1), Miguel, David Arias e Héctor
Selección A Mariña FS
●Cinco Inicial: Javi, Sergio (1), Pablo Dablanca, Hugo Veiga e Pablo Pérez (1)
●Tamén xogaron: Manuel, Hugo Pérez, Abel, Adán, Lucas, Youseff e Kevin
●Árbitro: José Juan Romaus Carpente e Santiago Pena Loureiro (Delegación de Ferrol)
Categoría Alevín: Lambre 1 – A Mariña 1
Selección Lambre-Mandeo
●Cinco Inicial: Esteban, Carlos Augusto, Sergio, Brais (1) e Tomás
●Tamén xogaron: Kevin, Alberto e Daniel
Selección A Mariña FS
●Cinco Inicial: Hugo, Andrés, Anxo, Pol (1) e Nico
●Tamén xogaron: Isaac, Víctor, Xoel, Álex, Noel, Jorge e Julián
Árbitro: José Juan Romaus Carpente e Santiago Pena Loureiro (Delegación de Ferrol)
Categoría Infantil: Lambre 4 – A Mariña 2
Selección Lambre-Mandeo
●Cinco Inicial: José Luis, Cristian, Manuel (3), Manu Sánchez e Martín
●Tamén xogaron: Rubén, Simón (1), Andrés (1) e Rubén Bernárdez
Selección A Mariña FS
●Cinco Inicial: Luismi, Nito, Luka, Rubén e Álvaro (1)
●Tamén xogaron: Luis, Aksay, Manuel (1), José, Paulo, Borja e José Luis
●Árbitro: José Juan Romaus Carpente e Santiago Pena Loureiro (Delegación de Ferrol)
PRÓXIMOS ENCONTROS
Domingo 12 de xaneiro (A Mariña–A Terra Chá, Pavillón Vista Alegre-Burela)
16.00 horas: Categoría Benxamín
17.00 horas: Categoría Alevín
18.00 horas: Categoría Infantil
19.30 horas: Categoría Cadete
Domingo 19 de xaneiro (Lugo–A Mariña, Pavillón Municipal Lugo)
16.00 horas: Categoría Benxamín
17.00 horas: Categoría Alevín
18.00 horas: Categoría Infantil
19.30 horas: Categoría Cadete





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
