Lugo, 11 de xaneiro de 2013.- “Só nas últimas tres anualidades os concellos lucenses gobernados por PSOE e BNG recibiron da Xunta 5 millóns de euros en axudas para a creación de emprego a través do Plan de Cooperación”.
Así o explicou este sábado o deputado popular Jose Manuel Balseiro quen, negou -por ser falso- o insistente argumento empregado polo bipartito provincial e demostrou -con datos oficiais- que non existe discriminación algunha aos alcaldes socialistas e nacionalistas.
Balseiro explicou que o plan de cooperación da Xunta subvenciona a todos os concellos lucenses, sen excepción e con independencia da cor política do “alcalde de turno”, achegando recursos para a contratación de traballadores desempregados para realizar diversas labores de interese social.
A XUNTA LIDERA OS APOIOS PARA A CREACIÓN DE EMPREGO
Os rexedores socialistas, nacionalistas e independentes dispuxeron durante os anos 2011, 2012 e 2013 de 5.089.272,18 euros en axudas do Goberno galego para desenvolver estas contratacións. A esta liña de apoios habería que sumar as axudas recibidas da Xunta para a posta en marcha de obradoiros de emprego e cursos de formación para desempregados
Balseiro cualificou de absurdo que a Deputación fale de discriminación de rexedores do PSOE e BNG nas axudas da Xunta cando os datos demostran que a Xunta lidera os apoios constantes en materia de fomento do emprego
CHAMAMENTO Á DEPUTACIÓN
Ante a contundencia dos datos ofrecidos Balseiro quixo retar á Deputación de Lugo a que demostre onde está a discriminación e lembrou que mentres a Xunta chega a todos os concellos da provincia sen excepción, a administración provincial executa programas excluíntes como o Plan de emprego que non é capaz de garantir -pese a estar financiado con recursos públicos- a igualdade de oportunidades entre os concellos e desempregados lucenses.
Balseiro lembra que os datos do Plan de Cooperación son publicados no Diario Oficial de Galicia e adquiren total oficialidade, e non cabe interpretacións sesgadas dos mesmos como pretende facer a Deputación cando fala dunha falsa discriminación.

















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



