CERVO, 11 DE XANEIRO. Os socialistas de Cervo aseguran que o número total de Xuntas de Goberno Local celebradas durante o pasado 2013 poñen de manifesto que “o seu único fin é dotar dun salario encuberto ós concelleiros que asisten a elas. A última acta que recibimos é a número 40, de maneira ordinaria teríanse que ter celebrado máis ou menos a metade”.
Os membros do Grupo Municipal Socialista lembran que no pleno de organización celebrado o 30 de Xuño de 2011, “tratamos un punto da orde do día referido a dación de conta da resolución da alcaldía 435/2011, no que aprobamos que se celebraría unha Xunta de Goberno cada quince días, dúas ó mes ou o que é o mesmo 24 ó longo do ano. É moi curioso que todos estes anos teñan que celebrar ó redor de 16 Xuntas extraordinarias”.
Apuntan que “cada asistente ás Xuntas recibe por cada unha delas 150 euros, a 40 anuais suman un total de 6.000 euros que veñen a equiparar ás adicacións parciais. Ou a previsión de traballo non é a máis adecuada ou efectivamente están a pagar un salario encuberto a aqueles edís que non teñen dedicación exclusiva nin parcial”.
Non é a primeira vez que os socialistas denuncian este asunto, no pasado mes de outubro auguraban que se chegarían ás 40 Xuntas de goberno, “non nos equivocamos porque coñecemos moi ben este goberno do PP”, seguen a calificar a actitude como un completo engano ós veciños e “esperamos que fagan balance do ano e xustifiquen esta maneira de traballar porque nós non a entendemos doutra forma”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



