A asociación de sendeirismo “Paso Miúdo” fará o vindeiro día 19 de xaneiro a ruta: Mazo de Meredo PR-AS 107 en Vegadeo (Asturias). A saída realizarase, como de costume, dende a Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro e os Prezos son de 20 euros para os socios, 25 euros para non socios e 15 euros para nenos menores de 12 anos incluíndo comida e autobús. Pola contra, este ano a asociación empregará unha nova forma de anotarse para as rutas: empregando o enlace: http://pasomiudo-apuntarseasrutas.es.tl/ e ingresando, posteriormente, a cantidade correspondente na conta ES67 2080 0117 1130 0007 0071 de Novagalicia Banco. Para a ruta do Mazo de Meredo o prazo remata o 15 de xaneiro.
