Foz, 15 de xaneiro de 2014. Escolares de 4º da ESO do Instituto de Secundaria focense e dos colexios do Pilar e do Martínez Otero exploraron este mércores a ría de Foz acompañados por biólogos e pola presidenta da agrupación de mariscadoras da Ría de Foz-Barreiros. Tamén asistiu o concelleiro de Medio Rural e Pesca, Pedro Fernández Manín, quen destacou que os rapaces comprobaron que no estuario hai berberechos na actualidade.
O estudantes recibiron explicacións sobre o terreo acerca da forma de cultivo e extracción, os problemas medioambientais e outras cuestións relacionadas coa produción marisqueira. Foi unha actividade incluída no programa da XI Festa do Berberecho, que se celebrará en Foz este fin de semana, do venres 17 ao domingo 19.
O concelleiro de Medio Rural e Pesca explicou que “hoxe, como estaba programado, estivemos cos alumnos do IES de Foz, Martínez Otero e O Pilar nunha experiencia que era a segunda vez que se facía e que foi moi positiva para os rapaces. Estiveron biólogos da Consellería de Medio Rural e do Mar encabezados por Olga Teijeiro Golpe, acompañada por Miguel, e tamén estivo a presidenta da agrupación de mariscadoras Barreiros-Foz, Isabel Fernández Armesto, aos que quero agradecerlles en nome do Concello por vir, con este tempo que temos, a dar estas explicacións aos nenos”.
Pedro Fernández Manín considera que “foi unha actuación positiva porque comprobaron in situ que na ría de Foz, a pesar de cómo está, si existe berberecho; os rapaces incluso os descubriron eles mesmos e quedaron admirados porque algúns non sabían que estaban debaixo da area. Son actividades que queremos repetir nesta ría de Foz, que deberíamos entre todos intentar solucionar os problemas que ten”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



