Lugo, a 15 de xaneiro de 2014.- Este mércores tivo lugar, ás 12 do mediodía, no Salón de Actos da Deputación de Lugo o acto de entrega dos Premios 2013 polo Territorio convocados por ADEGA para que a sociedade galega retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Trátase da III Edición dos Concursos de fotografías e de relatos e do II Certame de curtametraxes, apoiados co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e enmarcados na campaña de ADEGA “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”.
Nesta última edición achegáronse 68 fotografías de 24 participantes, 65 relatos de 60 participantes e 11 curtametraxes de 10 participantes procedentes de toda a xeografía galega: Mugardos, Agolada, Lalín, Lugo, Cerceda, As Nogais, Vilar de Santos, A Estrada, Sober, Ferrol, Cedeira, Ourense, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, Salceda de Caselas, Nigrán…
Os galardoados e finalistas da actual edición dos Certames foron:
III CONCURSO “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO”
Categoría Adultos/as:
-Gañador; “Os Montes esquecidos nas cinzas” de Manuel Brey Pazos (A Estrada). (Diploma e 200 euros).
-Finalistas:
“Chove” de Ángel Luís Utrera Baza (Agolada). (Diploma).
“CauchoaePirelli” de Alejandro gonzález Díaz (Neiras/Sober) . (Diploma).
“Coa man ao pescozo” de Alberte Sánchez Regueiro (Cerceda). (Diploma).
“Xente que non quere o AVE” de Victor Barro Casal (Ourense). (Diploma).
Categoría Xuvenil:
-Gañador; “Confianza nos veciños” de Marcos Utrera Iglesias (Agolada). (Diploma e 150 euros).
-Finalistas:
“Praia de Patos” de Laura Rodríguez Barreiro (Paxón/Nigrán). (Diploma).
“Pequeno salto” e “A auga descansa” de Ariadna Silva Fernández (A Estrada). (Diploma).
III Concurso de relatos “O lugar onde vivo”:
Categoría Adultos/as:
-Gañador; “A catarse oceánica” de Vanesa Santiago Vázquez (Fontán/Sada).(Diploma e 250 euros).
-Finalistas:
“A auga catastŕofica” de Beatríz Pérez González (Ourense). (Diploma).
“Sen esquecemento” de Violeta López Landín (Salceda de Caselas). (Diploma).
“Caaveiro” de Pedro Naveira Pedreira (A Coruña). (Diploma).
“Terra de autómatas” de José Marcelino Saavedra Martínez (Ferrol). (Diploma).
Categoría Xuvenil:
-Gañador; “Os muíños do Lambre” de Manuel José Couce Sánchez (Miño/A Coruña). (Diploma e 200 euros).
-Finalistas:
“Nun recuncho do mundo xa case esquecido” de Andrea Gutiérrez Torres (A Estrada). (Diploma).
“Días de outubro” de Alba Mato Búa (A Estrada). (Diploma).
“O Pindo, o Ézaro, Galicia e os romanos” de Fermín Caamaño Louro (Santiago de Compostela). (Diploma).
II Concurso de curtametraxes “E ti que é o que vés?”:
Categoría única:
-Gañadores:
1º premio; “As feridas do Xallas” de María Redonda Bujeiro (Corcubión). (Diploma e 250 euros).
2º premio; “Fala” de Marina Chiavegatto e Millán Castro. (Diploma e 150 euros).
-Finalistas:
“A cara oculta da Ría da Plata” de Gallaecia Filmes; Xosé Seoane, Manuel José Couce e Jorge González (Sada). (Diploma).
“Ás 20:30” de Cármen Pérez González-Granxeiro (Lugo). (Diploma).
“Semente Galicia” de Guillermo Maceiras, Raquel González, Illo Mur e Bruno Martínez (Lugo). (Diploma).
Os diferentes galardóns foron entregados por varios representantes de ADEGA, membros do xurado e polo delegado de Cultura na Deputación de Lugo, Mario Outeiro.
























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



