O hotel restaurante Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, inicia este sábado 18 as súas xa tradicionais xornadas do cocido, que organiza cada ano en inverno. Nesta ocasión vanse desenvolver os sábados e domingos ata o 2 de marzo. Estas xornadas ofrecen sopa, carne de cocido, sobremesa caseira ou café, viño, auga e pan por 19 euros cada persoa. A directora do Vila do Val, María Hermida, sinala que “estamos ya en temporada de matanza, de frío, de invierno, y qué mejor que darse un homenaje en nuestro restaurante con un plato típico de la gastronomía gallega”. Hermida recuerda “la gran acogida que año tras año tienen entre nuestra clientela las jornadas del cocido. Son ya un clásico en nuestro calendario anual”. As reservas poden facerse no propio hotel Vila do Val ou chamando ao teléfono 982.57.16.53.

























Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



