A Asociación cultural A Pomba do Arco continúa a organizar o seu proxecto Descubre Galiza ca charla que se vai impartir este venres día 17 no CENIMA de Foz ás 20.30 horas.
Na citada charla o profesor Marcos Loureiro vai falar da Alta Idade Media Galega, do mundo dos Suevos e da formación do Reino de Galiza. Os datos que vai aportar o citado profesor serán necesarios para entender a excursión do día 19 na que a Pomba do Arco vai levar a tódalas persoas anotadas a un paseo pola Alta Idade Media Mariñán.
Comezará este en San Martiño de Mondoñedo enclave vinculado ca presenza Sueva en Galiza pois no parroquial suevo (569) xa sei fai referencia ao mosteiro Máximo, que tódolos os investigadores sitúan en San Martiño. Tamén está vinculado este lugar ca formación e ca educación dunha das figuras claves da cultura galega do século X, con San Rosendo, bispo que foi da Sé de San Martiño entre os anos 925 e 942, persoeiro ao que se atribúe a edificación da catedral anterior á que hoxe podemos contemplar. Esta última é obra do bispo San Gonzalo, (Gonzalo Froilaz, 1070-1110) e do seu sucesor Nuno Afonso.
A viaxe continúa cara a vila dunha das outras figuras claves do século X, o conde Osorio Gutiérrez, máis coñecido como O Conde Santo. En Lourenzá visitaremos a igrexa, exemplo característico da arte barroca mariñán así como o seu museo sacro.
En Mondoñedo visitaremos a casa na que naceu, os lugares que tanto quería, así como a tumba do que se chamou o médico dos pobres, de Leiras Pulpeiro. Falarásenos da obra deste poeta civil, ateo e republicano que vivía na cidade máis católica e conservadora da Mariña.
Todos aqueles que queiran participar nesta excursión que chamen o antes posible ao 606630113 para anotarse. O prezo da excursión son 20 € nos que se inclúe a viaxe no autobús, que sairá da praza do Concello de Foz o domingo ás 11.00, as entradas aos citados museos e a comida que terá lugar no restaurante mindoniense O Valeco.
A Pomba do Arco quere que pasedes un domingo de maneira diferente, disfrutando da arte, aprendendo un pouco da nosa historia e da nosa cultura.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



