BURELA (FNC) .- Por parte da Axencia de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías do Concello de Burela, da que é responsable o concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, dase conta da Orde de 18 de xuño de 2009, que ven de publicarse onte día 23 de xuño no Diario Oficial de Galicia, e pola que se establece a convocatoria de bolsas de formación en oficinas de turismo para o verán 2009.
Legazpi suliña “a importancia do turismo e o incremento da calidade do sector xunto coa necesaria formación dos recursos humanos cara ás novas demandas que son elementos esenciais determinantes desta Orde destinada a estudantes ou titulados aos que permitirá acceder a prácticas tuteladas durante todo o mes de agosto e a metade de setembro na búsqueda de actualizar e mellorar os seus coñecementos e habilidades”.
A oficina de turismo de Burela atópase incluida dentro desta orde e por tanto as persoas interesadas nesta convocatoria poden informarse e dar trámite das súas solicitudes na propia Axencia de Desenvolvemento Municipal ou no Concello dentro do prazo dun mes contado dende a súa data de publicación segundo se establece na referida convocatoria.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



