Foz, 4 de febreiro de 2014. O forte vento ocasionou o desprendemento de parte da cuberta do pavillón polideportivo do Instituto de Secundaria de Foz, o que causou danos na fachada do edificio e en varias aulas. Por este motivo o equipo directivo do centro decidiu suspender as clases deste mércores. Anunciouno o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
“Os fortes ventos, sobre todo a partir das tres da tarde, fixeron que houbera varios estragos no concello de Foz, o máis importante foi o desprendemento de parte da cuberta do pavillón do IES, o que o ocasionou varios danos, non só no polideportivo senón tamén na propia fachada do instituto e en varias aulas. Son moitos os estragos que hai no instituto polo que o equipo directivo suspendeu as clases para este mércores para tratar de avaliar os danos e repoñer o estragado”, explicou o rexedor municipal focense.
Javier Castiñeira engadiu que “un grupo de traballadores do Concello estará alí pola mañá para retirar os estragos, pero son importantes, aínda que afortunadamente só son materiais. Seguramente se houbera alumnos a esa hora, como estarían se non se suspenderan as clases, poderíamos estar falando de danos persoais a rapaces. Polo tanto dámoslle a noraboa a todos aqueles que decretaron a suspensión das clases para A Mariña no día de hoxe posto que acertaron, pois puido haber graves danos persoais nos rapaces”.
O alcalde de Foz tamén comentou que “estamos pasando unha semana complicada e difícil, polo que pedimos a todos os veciños e a todas as persoas que se acheguen á costa que o fagan con moita precaución, xa que a costa está danada e ningún sitio é seguro. Polo tanto debemos deixar as fotos para outros momentos máis apropiados posto que estamos poñendo en perigo as nosas vidas e as da xente que está nos servizos de rescate”.
Castiñeira lembrou ademais que segue desaparecido o rapaz veciño de Foz ao que levou o mar o pasado domingo e manifestou que “o que máis nos importa dende logo son os danos persoais e non queremos que suceda nada máis”.
Para rematar o rexedor advertiu que “veñen uns días de inclemencias meteorolóxicas duras, sobre todo fenómenos costeiros, polo que pido máxima precaución a todos”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



