SANTIAGO. A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Fondo Galego de Cooperación e Soliedariedade rubricaron este mércores a renovación do seu acordo de colaboración. A firma protagonizárona os seus respectivos presidentes, José Manuel Rey Varela e Teresa París. É a terceira vez que ambas as entidades subscriben este convenio, tras as positivas experiencias dos anos 1988 e 2005.
En virtude deste acordo, a Fegamp pon a disposición do Fondo Galego as súas instalacións e as súas capacidades para converter aos concellos “nun punto de encontro da cooperación internacional”. A día de hoxe, o Fondo Galego converteuse na rede sectorial máis numerosa do municipalismo galego, baseada nun modelo cooperativo de éxitos contrastados, e constituiuse como un instrumento ao servizo da acción exterior de Galicia.
Para a Fegamp, a existencia do Fondo Galego ten un papel esencial como axente de sensibilización en Galicia sobre as desigualdades existentes a nivel mundial, colocando na axenda municipal galega a defensa e promoción dos Dereitos Humanos, ao tempo que promove proxectos de desenvolvemento nos países empobrecidos.
Para José Manuel Rey Varela, “hai concellos que, ademais de preocuparse dos seus problemas, elevaron esa responsabilidade un pouco máis aló, até tomar conciencia de que se en Europa estamos a pasalo mal, que non estará a pasar en países con máis dificultades para o seu desenvolvemento”.
En consecuencia, animou “a todos aqueles que non están presentes no Fondo a que dean ese paso, implicándose na maneira que lles sexa posible e que lle permitan os seus recursos”, porque “cun pouco de todos alcanzaremos un moito para algún”. “A crise non pode servir de escusa para deixar de apoiar a quen máis o seguen necesitando”, rematou.
Pola súa parte, Teresa París agradeceu a colaboración da Fegamp e salientou “o valor do Fondo como axencia do municipalismo galego en materia de cooperación internacional, un servizo público mancomunado que promove a solidariedade global desde o local”. Ao tempo, apuntou que “o sistema de cotas mínimas permite a todos os municipios, grandes e pequenos, contribuír á erradicación da pobreza extrema e á promoción da xustiza social”.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo. Ata o momento, ten desenvolvido uns 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



