A Mariña, 12 de febreiro de 2014. Os parlamentarios nacionalistas, Montse Prado e Cosme Pombo, interpelarán o próximo xoves á Xunta na Comisión de Sanidade sobre a parálise do anunciado proxecto para a posta en funcionamento no Hospital da Costa dun Hospital de Día Oncolóxico. Para o BNG estamos diante doutra das promesas incumpridas do Partido Popular para acalar a crítica social diante da perda de autonomía na xestión sanitaria pública da comarca coa consecuencia da perda de servizos, derivación de doentes e privatizacións.
Dende o BNG insisten en que o proxecto para a posta en funcionamento do servizo de quimioterapia no Hospital da Costa segue parado e sen avances, non existe ningunha previsión que indique pasos adiante na posta en marcha do servizo a pesar de que o propio xerente provincial, García Quintáns e o Partido Popular prometeron, nun caso o inicio do servizo en 2013 e noutro a garantía do propio partido para darlle efectividade ao servizo por medio dunha iniciativa debatida no Parlamento Galego que contou co apoio do BNG.
A fronte nacionalista na Mariña acusou a Quintáns de “enganar á poboación mariñá con falsos anuncios sen concreción e ao parlamentario popular, José Manuel Balseiro, de conseguidor fracasado xa que nin un, nin outro traballan para mellorar os servizos sanitarios públicos na comarca, senón como órganos de propaganda ao servizo dun goberno da Xunta que actúa con soberbia e de costas á cidadanía”.
O BNG mariñao volveu pedir aos dirixentes do Partido Popular na comarca e ao propio Quintás, que dean a cara e expliquen os motivos do retraso para posta en funcionamento do Hospital de Día Oncolóxico na comarca, xa que van case oito meses dende que se publicou nos medios de comunicación a posibilidade de ofrecer este servizo e segue sen avances de ningún tipo. Mentres, as persoas afectadas e as súas familias, continúan tendo que realizar penosas viaxes para someterse a tratamentos de cura para enfermidade xa de por si dura e complicada.





















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



