Lugo, 14 de febreiro de 2014. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e portavoz do BNG, Mario Outeiro, informou, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial, que vén de aprobarse a proposta de adxudicación do alleamento de accións do CB Breogán S.A.D. Neste sentido, explicou que “das vinte ofertas que recibiu a Deputación para a compra do 62,5% das accións que o Breogán sacou a poxa, só unha se excluíu por non atender o requirimento feito pola Comisión reunida o pasado 24 de xaneiro, na que se elaborara a proposta provisional de adxudicación que hoxe se aproba”.
Os compradores son entidades deportivas, sociedades mercantís do mundo do deporte, a comunicación ou o comercio, entre outros sectores, así como particulares, todos eles da provincia de Lugo. Entre os compradores está o propio Breogán, que se acolleu á oferta de autocarteira.
Outeiro lanzou unha mensaxe de tranquilidade e precisou que “o feito de que todos os compradores sexan da provincia ratifica o que xa garantira a Deputación: é imposíbel a deslocalización do club, que, como tamén avanzara a institución, pasa a ser propiedade de todos os lucenses”.
Neste sentido, o delegado comentou unha serie de afirmacións que veu facendo o Partido Popular nos medios de comunicación nos últimos días, “unhas afirmacións totalmente subxectivas as que forman parte dun escrito presentado polos populares na Deputación, pois configuran unha reclamación de índole político, en nada semellan a unha reclamación de tipo administrativo ou legal” – apuntou o delegado.
Así mesmo, Mario Outeiro garantiu que “estamos ante un proceso de alleamento de accións do Breogán por parte da Deputación de Lugo totalmente legal, un proceso que conta con todos os informes xurídicos favorables” e insistiu en que “se o Partido Popular non está de acordo con todo este proceso convidámolos a que o leven pola vía xudicial ou polo contencioso administrativo. Nós, desde a Deputación, continuaremos, mentres tanto, con este procedemento para adxudicar as accións restantes”.
Patrimonio Lingüístico
Noutra orde de asuntos, Mario Outeiro, en calidade de delegado de Normalización Lingüística da Deputación e voceiro provincial do BNG, denunciou a pasividade que está a amosar a Xunta de Galiza ao non cumprir a súa obriga de protexer o uso do patrimonio lingüístico galego.
“É inadmisíbel que a día de hoxe canles de comunicación públicas e privadas, como pode ser o caso da Televisión Española ou Telecinco recorran á tradución sistemática de topónimos das distintas localidades de Galiza, resucitando do Franquismo o uso de híbridos como Ginzo de Limia ou deturpacións como El Cebrero” – puntualizou o delegado.
“Desde a área de Normalización Lingüística estamos convencidos que este comportamento responde a motivacións ideolóxicas, en liña coa involución no respecto á diversidade lingüística e cultural do Estado que se está a impor nos últimos anos desde o poder, mentres que ambas canles televisivas subverten a lexislación coas súas actuacións”.
Apoio ao indulto dos sindicalistas galegos
O portavoz do BNG na Deputación tamén aproveitou para amosar o seu malestar ante a negativa do Partido Popular a pactar unha declaración institucional, proposta polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego e avalada pola sinatura de milleiros de cidadáns, para pedir ao Goberno do Estado o indulto dos sindicalistas galegos Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados ámbolos dous por participar nun piquete informativo no ano 2008.
Os dous sindicalistas da CIG están condenados a penas de prisión pola súa participación nunha folga do transporte no marco da negociación do convenio colectivo de Pontevedra, sentenza ratificada dous anos despois pola Audiencia Provincial de Pontevedra.
“Non só desde o BNG, senón tamén desde os demais partidos da oposición na Xunta e as organización sindicais CIG, UGT e CC.OO., se considerea inxustificada esta situación por aplicar o artigo 315.3 do Código Penal, atentado contra os dereitos das traballadoras e traballadores, cando o que debera prevalecer é o dereito de folga” – concluíu Mario Outeiro.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



