Burela, a 15 de febreiro de 2013.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela afirmou hoxe que o alcalde e a totalidade do Grupo Municipal coñecen a lei de Reforma da Administración Local e axústanse ó seu contido, como non podía ser de outro xeito. O GMP lembra que unha disposición transitoria da lei di claramente que a adaptación dos soldos dos alcaldes e dedicacións exclusivas farase, en todo caso, en xuño de 2015, ó remate do actual mandato municipal, e se fose preciso por indicación do Ministerio de Hacienda e Administraciones Públicas a mediados do presente ano. Polo tanto, o alcalde e este grupo coñecemos a lei e axustámonos o seu contido, como non podería ser de outro xeito.
Polo tanto, aseguran, non hai nada que ocultar, e o alcalde actuou con carácter totalmente voluntario, algo que xa vemos que non é do agrado dos socialistas. É máis, non só se baixou o soldo senon que fixo público o seu patrimonio.
Desde o GMP lembran que os soldos das tres dedicacións exclusivas están fixados desde xuño de 2011, non se tocaron neste tempo, e tamén estas tres dedicacións exclusivas perderon a paga de Nadal de 2012, como calquera outro empregado público. E tamén lembran que o total das tres dedicacións exclusivas é de 9.000’00€ anuais menos do que cobraban dúas exclusivas e unha parcial do bipartito burelés. Por eso, desde o GMP entenden que o PSOE só pretende trasladar a idea de que o alcalde e os concelleiros do PP minten reiteradamente e non cumplen a lei, algo que desde o PSOE levan facendo desde hai dous anos e medio. Esto demostra a incapacidade de xestar iniciativas que demostren que son realmente alternativa. É tanta a ruindade política desta xente que están anclados na difamación e na insidia permanentes, ainda que o bon é que a xente xa os coñece e xa saben que non son de fiar. Ó PSOE non lle gusta que o alcalde se baixe o soldo, e non tampoubo lle gustaría que o mantera…
De todos os xeitos, desde o GMP tamén facemos algunha suxerencia que poden facerse alomenos a dous cargos do PSOE local: o Sr. Llano pode baixarse o rimbombante soldo de 51.000’00€ ano que tén, porque traballar, traballar, trabilla máis ben pouco ou nada. Na Diputación non intervén, e a súa función como deputado limítase, como se pode ver nas fotos que saen en prensa, a ir de degustación gastronómica en degustación gastronómica. Se algunhas veces come gratis, pode baixarse o soldo e pedir que a Deputación o asigne a subvencións para o concello de Burela a cantidade rebaixada.
E o sindicalista condenado nun xuizo de faltas por coaccións, que pretende liderar o PSOE, tamén pade facer algún xesto. Se cobrou a paga de Nadal de 2012, pode devolvela para fondos sociais da súa empresa; e tamén pode renunciar ás horas sindicais e dedicarse a traballar para mellorar a productividade da empresa na que traballa. Non sexa que a meirande parte das horas sindicais as adique a pasear por Burela ou á actividade política que parece que tanto lle gusta.
Os socialistas só serán creíbles se se aplican as mesmas normas que eles piden ós demáis. Ainda que estamos seguros que nin un nin o outro farán nada do que se lles pide. Pensa o ladrón que todos son da súa condición.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



