O Valadouro, 15 febreiro de 2014.- O Grupo Municipal do Partido Popular do Valadouro, a través do seu portavoz e presidente local, Jose Manuel Lamela, censurou este sábado que case a metade do orzamento municipal (o 47%) vai destinado á unha partida xenérica baixo a denominación de “gastos correntes en bens e servizos” que cualifican como “auténtico caixón de sastre” a través do que o tripartito municipal pretende agochar aos veciños as políticas que van e executar.
Os populares sinalan que as forzas de goberno pretenden facer crer que se trata dun orzamentos participativos polo feito de que decidiron recibir suxestións na súa confección pero á hora da verdade están afectados por unha evidente falta de transparencia xa que case 800.000 euros non teñen un destino concreto e determinado. “Reclamámoslles máis claridade”-dixo Lamela- “e unha maior concreción nos conceptos de ingresos e gastos”.
O BNG TRAIZOA O SEU PROPIO CRITERIO
O portavoz popular tamén denunciou a actitude incoherente do BNG, que traizoa o criterio que sempre veu mantendo durante todos os anteriores debates orzamentarios nos que reclamaba un equilibrio no reparto das contas municipais: 33% para gastos de persoa, 33% para novas inversións e 33% para gastos correntes.
Lamela explica que agora os nacionalistas renuncian a esixir este equilibro e aproban unhas contas nas que o 31% do gasto irá a persoal, só un 17% irá a inversións e un 47% a gastos correntes. O baixo porcentaxe en gastos de inversión preocupan ao PP que temen un ano caracterizado pola parálise dos proxectos máis importantes e pendentes no municipio.
AS VERDADEIRAS PRIORIDADES DOS FALSOS PROGRESISTAS
Lamela tamén indicou que entre as poucas partidas que se atreven a especificar desde o Goberno local se atopan datos que amosan cales son as verdadeiras prioridades de PSOE, Udival e BNG.
Neste senso, sinalan o importante recorte que se aplica ás obras de saneamento da parroquia de Moucide que, pese a estar financiadas pola Xunta a través do fondo de compensación ambiental (canon eólico), vexe recortada en 15.000 euros con respecto ao orzamento inicialmente previsto. Pola contra partidas como a de festas populares, que xa sufriu un espectacular aumento no orzamento anterior, volve a incrementarse en 20.000 euros.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



